Sorbona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Sorbonne .jpg
Datos xerais
Localización París
Fundación 1257 por Robert de Sorbón
Datos actuais
Datos de contacto
Enderezo V Distrito de París
Páxina web http://www.sorbonne.fr/
A Sorbona, París

A Sorbona[1] (en francés La Sorbonne) é un establecemento público de ensino superior, hoxe dividido en dúas universidades (Universidade de París III e de París IV).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Atópase no centro de París, no quinto arrondissement (distrito), en fronte do liceo Louis Le Grand e do Collège de France, preto do monumento O Panteón (Le Pantheón), das universidades (París I, II, V, VI) e dos Xardíns do Luxemburgo (que pertencen ao Palacio do Luxemburgo, sede do Senado), no denominado Barrio Latino, onde se concentran as escolas superiores, os museos e os turistas.

Foi fundada en 1257 por Robert de Sorbón coa intención de facilitar o ensino da teoloxía aos alumnos pobres. Tres séculos máis tarde converteuse no lugar privilexiado para os debates da facultade de teoloxía e tivo un papel importante nas querelas relixiosas do país, contra os xesuítas no século XVI e contra os xanseístas no século XVII.

Nas súas aulas, reconstruídas na súa totalidade entre 1885 e 1901, ensínanse hoxe principalmente as humanidades, a historia, a xeografía, o dereito e as linguas.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sorbona&oldid=4922255"