St Andrews

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 56°20′25″N 2°47′44″O / 56.3404, -2.7955

St Andrews
Saunt Aundraes
Cill Rìmhinn
St Andrews from Regulus tower - geograph.org.uk - 254003.jpg
Vistas da cidade
Localización
St Andrews en Escocia
St Andrews
St Andrews
País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación constituínte Escocia Escocia
Condado Fife
Demografía
Poboación 16.680 hab. (2008)
Outros datos
Código postal KY16
Páxina oficial

Saint Andrews, (en latín: S. Andrea(s); en escocés: Saunt Aundraes;[1] en gaélico escocés: Cill Rìmhinn)[2] situada na costa leste de Escocia, no condado de Fife, é unha das cidades máis antigas e historicamente importantes de Escocia, malia o seu reducido tamaño. Nela atópase a Catedral de St Andrews, no presente derruída (que no seu tempo foi a máis grande de Escocia), un castelo, igualmente derruído, e unha das universidades máis antigas e prestixiosas do Reino Unido. Ademais, St Andrews é considerado como "o berce do golf", xa que nela atópanse o Royal and Ancient Golf Club of St Andrews -o club de golf máis antigo do mundo- e o Old Course de St Andrews, tamén un dos campos máis antigos.

Historia[editar | editar a fonte]

A catedral de St Andrews.

Os primeiros asentamentos que se localizaron no actual St Andrews pertencen ós pictos, quen o denominaban Kilrymont ou Muckross. A lenda di que San Régulo trouxo até aquí as reliquias de Santo André, patrón de Escocia.

Saint Andrews recibiu o estatuto de "cidade real" (royal burgh) en 1124, e transformouse en arcebispado en 1466. A súa catedral comezou a construírse no século XII, pero non se concluíu até 1318, durante o reinado de Roberto I de Escocia. Naquel momento era o edificio máis grande de Escocia, e St Andrews, con máis de 14.000 habitantes no século XVI, unha das cidades costeiras máis importantes ó norte de Edimburgo.

Porén, durante a violenta Reforma relixiosa do século XVI, a catedral foi saqueada e quedou en ruínas, e a cidade perdeu gran parte do seu poder e influencia, quedando practicamente arruinada.

No presente, a cidade de St Andrews consta dun pequeno núcleo histórico, constituído principalmente por catro rúas (South Street, Market Street, North Street e The Scores), e unha ampla extensión de vivendas modernas destinadas principalmente ó persoal e os estudantes da Universidade de St Andrews, así como ós xogadores e afeccionados ó golf.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamont-Brown, Raymond (2002). John Donald, ed. Fife in History and Legend. Edimburgo. ISBN 0-85976-567-9. 
  • Lamont-Brown, Raymond (2006). St Andrews:city by the northern sea. Edinburgh: Birlinn Publishing. ISBN 1-84158-450-9. 
  • Omand, Donald (2000). The Fife Book. 
  • Pride, Glen L. (1999). The Kingdom of Fife (2nd ed.). Edimburgo: Rutland Press. ISBN 1-873190-49-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=St_Andrews&oldid=4777625"