S. arlettae S. aureus S. auricularis S. capitis S. caprae S. carnosus S. chromogenes S. cohnii S. condimenti S. delphini S. devriesei S. epidermidis S. equorum S. felis S. fleurettii S. gallinarum S. haemolyticus S. hominis S. hyicus S. intermedius S. kloosii S. leei S. lentus S. lugdunensis S. lutrae S. massiliensis S. microti S. muscae S. nepalensis S. pasteuri S. pettenkoferi S. piscifermentans S. pseudintermedius S. pseudolugdunensis S. pulvereri S. rostri S. saccharolyticus S. saprophyticus S. schleiferi S. sciuri S. simiae S. simulans S. stepanovicii S. succinus S. vitulinus S. warneri S. xylosus
Os estafilococos medran facilmente sobre case tódolos medios bacteriolóxicos, en condicións aeróbicas dáse o mellor crecemento. A súa maior velocidade de crecemento é a 5-25 °C; pero tamén se pode ver en activa fisión binaria entre 30 e 27 °C
Os ácidos sérvenlle para se adherir a superficies corporais xunto coas especies de estafilococo que teñen cápsula, e en conxunto os ácidos teicoicos e o péptidoglicano teñen a característica de que activan o sistema inmune do complemento e serven ademais de evasores da fagocitose.
Entre os factores de virulencia que lle serven para a invasión e sérvenlle ó laboratorista para a súa identificación están:
A presenza de coagulase no caso do estafilococo aureus (patogneumonico)
A fermentación do azucre Manitol específico como a coagulase do estafilococo aureus (o máis importante)
Presenza de B lactamase, que rompe o anel b lactámico dos antibióticos con esta estrutura
Papel na enfermidade[editar | editar a fonte]
As enfermidades que pode desenvolver o xénero estafilococo están mediadas pola produción de toxinas:
Enterotoxinas - Diarreas, vómito, náuseas
Dano na pel, separando o estrato granuloso do córneo dando o signo de pel escaldada
Enfermidades comúns
Forúnculos
Impétigo
A máis grave para o home, o Staphylococcus aureus pode matar por insuficiencia cardiaca debido a unha endocardite bacteriana, sendo esta a orixe máis frecuente das endocardites humanas.