Steven Bochco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Steven Bochco
Steven Bochco and Barbara Bosson 3849.jpg
Nome completoSteven Ronald Bochco
Nacemento16 de decembro de 1943
 Nova York
Falecemento1 de abril de 2018
 Pacific Palisades
CausaLeucemia
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Carnegie Mellon e The High School of Music & Art
Ocupaciónguionista, produtor de cine e produtor de televisión
CónxuxeBarbara Bosson
FillosJesse Bochco
PremiosLaurel Award for TV Writing Achievement, Edgar Award, Primetime Emmy Award de melhor série dramática, Primetime Emmy Award de melhor roteiro em série dramática, Primetime Emmy Award de melhor série dramática, Primetime Emmy Award de melhor roteiro em série dramática, Primetime Emmy Award de melhor série dramática, Primetime Emmy Award de melhor série dramática, Primetime Emmy Award de melhor série dramática, Primetime Emmy Award de melhor roteiro em série dramática, Primetime Emmy Award de melhor série dramática, Primetime Emmy Award de melhor série dramática, Humanitas Prize, Humanitas Prize, Edgar Award, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody e premios do Sindicato de Directores
editar datos en Wikidata ]

Steven Ronald Bochco, nado en Nova York o 16 de decembro de 1943 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 2018, é un produtor e guionista de televisión estadounidense. Participou en varias series e películas como Hill Street Blues , L.A. Law e NYPD Blue.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía. Os seus pais eran artistas, a nai pintora e o pai violinista. Estudou nunha escola de Música e Artes. En 1961 mudouse a Pittsburgh para estudar literatura e teatro. Graduouse co título de Bacharel en Teatro en 1966.

Traballou na Universal Studios, como escritor e despois como editor de historia, para as series Ironside, Columbo, McMillan and Wife, Griff, Delvecchio e The Invisible Man.

O seu maior éxito foi na cadea NBC co drama Hill Street Blues. Estivo emitíndose desde 1981 a 1987 e Bochco apareceu nos créditos como co-creador, ademais de escribir e producir a serie.

Bochco estivo no desenvolvemento, proceso de creación e foi designado produtor executivo da serie L.A. Law (1986-1994), que foi retransmitida por primeira vez na cadea NBC. Tiña un contrato moi lucrativo coa cadea ABC, polo cal en 1987, estrea a serie Doogie Howser, M.D. (1989-1993).

Despois deste éxito, participou en NYPD Blue (1993) con David Milch. Ademais presentou o proxecto de Murder One (1995-1997), Brooklyn South (1997) e City of Angels (2000).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Steven_Bochco&oldid=5102764"