Sudán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
República do Sudán
جمهورية السودان
Yumhūriyyat as-Sūdān
Republic of Sudan
Bandeira do Sudán
Escudo do Sudán
BandeiraEscudo
Sudan (orthographic projection) highlighted.svg
Lema: al-Nadir Nila
Capital
 • Poboación
Khartún
1 974 647 (2005 est.)
Cidade máis poboadaOmdurmán
Linguas oficiaisÁrabe, Inglés
Forma de gobernoRepública presidencialista baixo unha ditadura
Omar Hasan Ahmad al-Bashir
Independencia do Reino Unido e Exipto1 de xaneiro de 1956
SuperficiePosto 16º
 • Total1 886 068 km²
 • % auga5,2
Fronteiras7 687 km
Costas853 km
PoboaciónPosto 40º
 • Total30 894 000 hab.
 • Densidade16,4 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 60º
 • Total (2005)85 461 millóns US$
 • per cápita2 417 US$
MoedaLibra sudanesa
IDH (2007)0,526 (147º) – medio
XentilicioSudanés, sudanesa
Fuso horarioUTC+3
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.sd
Prefixo telefónico+249
Prefixo radiofónico6TA-6UZ, SSN-STZ
Código ISO729 / SDN / SD
Membro de: LA, UA, ONU

O Sudán[1][2] (en árabe: السودان as-Sūdān[3]), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo en Norte de África, que limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide ó país en dúas metades, a leste e a oeste.[4] A relixión predominante é o Islam.[5]

O Sudán era o meirande país de África e do mundo árabe ata o ano 2011, cando o Sudán do Sur se converteu nun estado independente despois dun referendo. O Sudán é hoxe o terceiro maior país de África, despois de Alxeria e da República Democrática do Congo.

O país é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Liga Árabe, da Organización da Conferencia Islámica e do Movemento de Países Non Aliñados, así como un observador na Organización Mundial do Comercio.[6][7] A súa capital é Khartún, o centro político, cultural e comercial da nación. É unha república federal con sistema presidencial e democracia representativa. A política do Sudán é regulada por unha organización parlamentaria chamada Asemblea Nacional.[8] O seu sistema legal está baseado na lei islámica.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do país provén do árabe bilād as-sūdān (بلاد السودان) que significa "Terra dos negros", un termo que se refería á rexión localizada ó sur do Sáhara.[9]

Historia[editar | editar a fonte]

Coñecido na Antigüidade como Nubia, o Sudán incorpórase ao mundo árabe coa expansión islámica do século VII. O sur escapa ao control musulmán e sofre incursións de cazadores de escravos. Entre 1820 e 1822, é conquistado e unificado polo Exipto e posteriormente entra na esfera de influencia do Reino Unido. En 1881 estoupa unha revolta nacionalista comandada por Muhammad Ahmed bin' Abd Allah, líder relixioso coñecido como Mahdi, que expulsa os ingleses en 1885. El morre logo despois e os británicos retoman o Sudán no 1898. No ano seguinte, a nación é sometida ao dominio exipcio-británico. Obtén autonomía limitada no 1953 e independencia total no 1956.

O Sudán sufriu dezasete anos de guerra durante a Primeira Guerra Civil Sudanesa (1955-1972), seguido de conflitos étnicos, relixiosos e económicos entre a poboación do norte árabe-musulmá e a poboación do sur animista, nilótica-cristiá e negra, que desembocaron na Segunda Guerra Civil Sudanesa (1983-2005). En 1989 tivo lugar un golpe de estado encabezado polo militar Omar Hassan Ahmad al-Bashir, quen se autoproclamou presidente en 1993. A segunda guerra civil en 2005 tralo Acordo Xeral de Paz, que supuso a redacción dunha nova constitución e deulle autonomía á rexión sur do país. A guerra e prolongados períodos de seca xa deixaron 1,5 millón de mortos.

A introdución da xaria, a lei islámica, causou a fuga de máis de 350.000 sudaneses para países veciños. Entre outras medidas, a lei determina a prohibición de bebidas alcohólicas e castigos de enforcamento ou mutilación.

Desde o 2003, na rexión de Darfur está ocorrendo o Conflito de Darfur, producíndose un exterminio da poboación negra por parte de milicias árabes, co presunto apoio encuberto do goberno sudanés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os desertos da Nubia e da Libia e o clima árido predominan no norte, mentres que o sur está cuberto por sabanas e forestas tropicais. A bacía do río Nilo, que atravesa o territorio do Sudán, é fonte de enerxía eléctrica e de irrigación para as plantacións de algodón, principal produto de exportación, ao lado da goma-arábica.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía do Sudán.

A maioría da poboación do Sudán vive da agricultura de subsistencia e da pesca. Recentemente o petróleo tornouse un dos principais produtos de exportación do país, e ten estimulado un gran crecemento da economía.

Desde o 1997 o Sudán ten traballado co Fondo Monetario Internacional no sentido de implantar reformas económicas, incluíndo a flutuación da taxa de troco.

Demografía[editar | editar a fonte]

Cidades importantes[editar | editar a fonte]

Mapa do Sudán.

Segundo o censo de 2005 as principais cidades do Sudán ou capitais provinciais teñen a seguinte poboación:

  • Abu Fatma ?
  • Ad-Damazin 201.966
  • Ad-Damir 96.540
  • Ad-Du'ayn 165.056
  • Ad-Duwaym 88.469
  • Al-Fashir 255.344
  • Al-Fulah 14.004
  • Al-Junaynah 163.012
  • Al-Manaqil 154.115
  • Al-Nuhud 84.115
  • Al-Qadarif 354.927
  • Al-Ubayyid 396.172
  • Atbara 103.734
  • Bentiu 8.010
  • Bor 28.176
  • Dongola (Dunqulah) 17.771
  • Halfa al-Jadidah 86.375
  • Juba 198.527
  • Kaduqli 127.812
  • Kassala 386.510
  • Khartún 1.740.661
  • Khartum Nord (Khartum Bahri) 1.723.081
  • Kusti 306.721
  • Malakal 110.046
  • Nyala 496.695
  • Omdurman (Umm Durman) 2.956.894
  • Port Sudan (Bur Sudan) 504.868
  • Rabak 117.208
  • Rumbek 23.653
  • Sedeinga ?
  • Sennar 124.027
  • Tonj 6.592
  • Torit 16.560
  • Uwayl 39.428
  • Wad Madani 315.105
  • Waw 110.039
  • Yambio 35.000

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sudanés.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 
  3. "Sudan". Oxford English Dictionary. 1989. Consultado o 9 de xullo de 2011. 
  4. Collins, Robert O. (2008). A History of Modern Sudan. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-85820-5.
  5. Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4). pp. 665–675. doi:10.2307/20029452. 
  6. "The World Factbook: Sudan". U.S. Central Intelligence Agency. ISSN 1553-8133. Consultado o 10 de xullo de 2011. 
  7. http://www.wto.org/english/thewto_e/whatis_e/tif_e/org6_e.htm
  8. http://www.parliament.gov.sd/en/
  9. International Association for the History of Religions (1959). EJ Brill, ed. Numen. Leiden. p. 131. West Africa may be taken as the country stretching from Senegal in the west, to the Cameroons in the east; sometimes it has been called the central and western Sudan, the Bilad as-Sūdan, ‘Land of the Blacks’, of the Arabs .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brown, Richard P.C. (1992) Public Debt and Private Wealth: debt, capital flight and the IMF in Sudan. Macmillan Publishers Londres ISBN 0-333-57543-1.
  • Churchill, Winston (1899; 2000). The River War — An Historical Account of the Reconquest of the Soudan. Carroll & Graf Publishers (Nova York). ISBN 978-0-7867-0751-5.
  • Clammer, Paul (2005). Sudan — The Bradt Travel Guide. Bradt Travel Guides (Chalfont St. Peter); Globe Pequot Press. (Guilford, Connecticut). ISBN 978-1-84162-114-2.
  • Evans-Pritchard, Blake; Polese, Violetta (2008). Sudan — The City Trail Guide. City Trail Publishing. ISBN 978-0-9559274-0-9.
  • El Mahdi, Mandour. (1965). A Short History of the Sudan. Oxford University Press. ISBN 0-19-913158-9.
  • Fadlalla, Mohamed H. (2005). The Problem of Dar Fur, iUniverse (Nova York). ISBN 978-0-595-36502-9.
  • Fadlalla, Mohamed H. (2004). Short History Of Sudan. iUniverse (Nova York). ISBN 978-0-595-31425-6.
  • Fadlalla, Mohamed H. (2007). UN Intervention in Dar Fur, iUniverse (Nova York). ISBN 978-0-595-42979-0.
  • Jok, Jok Madut (2007). Sudan — Race, Religion and Violence. Oneworld Publications (Oxford). ISBN 978-1-85168-366-6.
  • Mwakikagile, Godfrey (2001). Slavery in Mauritania and Sudan — The State Against Blacks, in The Modern African State — Quest for Transformation. Nova Science Publishers (Huntington, Nova York). ISBN 978-1-56072-936-5.
  • O'Fahey, Rex Seán; Spauling, Jay Lloyd (1974). Kingdoms of the Sudan. Methuen Publishing (Londres). ISBN 978-0-416-77450-4.
  • Peterson, Scott (2001). Me Against My Brother — At War in Somalia, Sudan and Rwanda — A Journalist Reports from the Battlefields of Africa. Routledge (Londres; Nova York). ISBN 978-0-203-90290-5.
  • Prunier, Gérard (2005). Darfur — The Ambiguous Genocide. Cornell University Press (Ithaca, Nova York). ISBN 978-0-8014-4450-0.
  • Welsby, Derek A. (2002). The Medieval Kingdoms of Nubia — Pagans, Christians and Muslims Along the Middle Nile. British Museum Press (Londres). ISBN 978-0-7141-1947-2.
  • Zilfū, ʻIṣmat Ḥasan (translation: Clark, Peter) (1980). Karari — The Sudanese Account of the Battle of Omdurman. Frederick Warne & Co (Londres). ISBN 978-0-7232-2677-2.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sudán&oldid=4943442"