Sudario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sudario de Carlomagno, ano 814

Un sudario é unha peza de roupa funeraria que serve para cubrir o cadáver.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Segue a usarse no mundo musulmám e xudeu, onde soterran os cadáveres envoltos en varias teas na fosa, mentres que no mundo cristián perdeuse o seu uso na Idade Moderna. No antigo Exipto o deus Ptah era representado coma un home con sudario e na Odisea Penélope tece un sudario polo día e destteceo pola noite para manter a raia aos seus pretendentes cos que xurou casarse ao rematar de coser.

A súa tea adoita ser de liño ou algodón, branco, aínda que no pasado e para certas autoridades existiron sudarios luxosos e de importación. Os sudarios adoitaban ser dunha ou varias pezas, podendo usarse un para o corpo e outro para a face [2].

Existe constancia do uso do sudario en Europa coa expansión do cristianismo, xa que se cita na Biblia, e chegou a ser unha reliquia moi apreciada e mesmo se usou nos autos sacramentais de Pascua un pano no que pintaban a figura do crucificado. Suponse que esa é a orixe do sudario de Turín e do sudario de Oviedo, cuxa análise de C14 o datou no século VIII. Desta mesma época son as tumbas antropomorfas excavadas en rocha -como as de San Pedro de Rocas ou San Vítor de Barxacova-, onde os mortos debían ir vestidos cun sudario debido ao estreito do espazo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sudario.
  2. Bernadette Schnitzler, Anne-Marie Adam, Rites de la mort en Alsace, Musées de la Ville de Strasbourg, 2008, p. 216
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sudario&oldid=4428783"