1000 12/16

Sufraxio feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Manifestación de sufraxistas na cidade de Nova York, 1912.
Antisufraxistas nos Estados Unidos.

O movemento internacional polo sufraxio feminino, levado a cabo polas sufraxistas, foi un movemento reformista social, económico e político que promovía a extensión do sufraxio (isto é, o dereito a votar) ás mulleres, avogando polo «sufraxio igual» (abolición da diferenza de capacidade de votación por xénero) en lugar do «sufraxio universal» (abolición da discriminación debida principalmente á raza), xa que este último era considerado demasiado revolucionario.

Liña temporal[editar | editar a fonte]

O sufraxio feminino foi aprobado (e revogado) varias veces en distintos países do mundo. Nalgúns países como Estados Unidos ou Suráfrica o sufraxio feminino autorizouse antes que o sufraxio universal; así, unha vez concedido este ós homes e mulleres brancos, aínda se lles seguía negando o dereito a votar a homes e mulleres doutras razas. Porén, na maioría de países o sufraxio feminino foi o que levou ao universal.

En 1776 en Nova Jersey autorizouse accidentalmente o primeiro sufraxio feminino (empregouse accidentalmente a palabra «persoas» no canto de «homes»), aínda que se aboliu en 1807.

En 1838 aprobouse o sufraxio feminino (coa mesmas características propias que o masculino) nas illas Pitcairn.

En 1853 aprobouse o sufraxio feminino na provincia de Vélez (no actual departamento colombiano de Santander). Foi o primeiro caso nun país independente; non obstante foi revogado no ano 1857 e restablecido o 25 de agosto de 1954 pero, como o país vivía a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, só puido poñerse en práctica a partir de 1957.

Na segunda metade do século XIX, varios países e estados recoñeceron un tipo de sufraxio feminino restrinxido comezando por Australia do Sur en 1861.

En 1869, o Territorio de Wyoming converteuse no primeiro estado dos EUA onde se instaurou o «sufraxio igual» (sen diferenzas de xénero) aínda que non era sufraxio universal, xa que non podían votar os homes e mulleres de pel negra.

En 1893 aprobouse en Nova Zelandia o primeiro sufraxio feminino sen restrinxir, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard. De tódolos xeitos, ás mulleres só se lles permitía votar sen poder presentarse ás eleccións. Só puideron presentarse a partir de 1919 a ser elixidas para un cargo político.

O primeiro país en ofrecer o sufraxio universal (e tamén permitir ás mulleres presentarse ás eleccións para o parlamento) foi Australia do Sur en 1902 (segundo outros en 1894) e Tasmania en 1903.

Lista comparativa de países con sufraxio feminino (por orde de aprobación)[editar | editar a fonte]

Países Dereito masculino ao voto en eleccións nacionais Voto das mulleres en igualdade cos homes
Nova Zelandia Nova Zelandia 1879 1893
Australia Australia 1901 1902
Finlandia Finlandia 1906 1906
Noruega Noruega 1898 1913
Dinamarca Dinamarca 1920 1915 (dende 1908 podían votar as mulleres de máis de 25 anos e que pagasen impostos)
Flag of Uruguay.svgUruguai 1830 1917 (votan por primeira vez o 3 de xullo de 1927)
Irlanda Irlanda ? 1918
Polonia Polonia ? 1918
Xeorxia Xeorxia ? 1918
Rusia Rusia 1918 1918
Islandia Islandia ? 1919
Luxemburgo Luxemburgo ? 1919
Alemaña Alemaña 1867 1919
Suecia Suecia 1909 1919
Países Baixos Países Baixos 1917 1919
Austria Austria ? 1920
Hungría Hungría ? 1920
Checoslovaquia Checoslovaquia 1920 1920
Reino Unido Reino Unido 1918 1928 (dende 1918 podían votar as mulleres maiores de 30 anos)
Flag of Ecuador.svgEcuador ? 1929
España España 1869 1931
Flag of Cuba.svgCuba ? 1934
Turquía Turquía 1924 1934
Flag of the Philippines.svgFilipinas 1936 1937 (gañado en 1935 cun referendo, 95% a favor)
Flag of El Salvador.svgO Salvador ? 1939
Flag of Canada.svgCanadá 1920 1940 (en Quebéc. De 1916 a 1922 no resto do país)
Flag of the Dominican Republic.svgRepública Dominicana ? 1942
Xamaica Xamaica ? 1944
Flag of France.svgFrancia 1848 1944
Flag of Guatemala.svgGuatemala ? 1945
Flag of Panama.svgPanamá ? 1945
Italia Italia 1919 1945
Flag of Trinidad and Tobago.svgTrinidad e Tobago ? 1946
Flag of Albania.svg Albania ? 1946
Flag of Japan.svgXapón 1925 1946
Bulgaria Bulgaria ? 1947
Iugoslavia Iugoslavia ? 1947
Flag of Argentina.svgArxentina 1912 1947
Flag of Venezuela.svgVenezuela 1946 1947
Flag of Suriname.svgSuriname ? 1948
Romanía Romanía ? 1948
Bélxica Bélxica 1919 1948 (dende 1920 as mulleres podían votar nas eleccións comunais)
Flag of Chile.svgChile 1935 1949 (dende 1935 as mulleres podían votar en eleccións municipais)
Flag of Costa Rica.svgCosta Rica ? 1949
Flag of Barbados.svgBarbados ? 1950
Flag of Haiti.svgHaití ? 1950
Flag of Antigua and Barbuda.svgAntiga e Barbuda ? 1951
Flag of Dominica.svgDominica ? 1951
Flag of Grenada.svgGranada ? 1951
Flag of Saint Vincent and the Grenadines.svgSan Vicente e as Granadinas ? 1951
Flag of Saint Lucia.svgSanta Lucía ? 1951
Flag of Bolivia.svgBolivia ? 1952
Grecia Grecia ? 1952
Flag of Saint Kitts and Nevis.svgSaint Kitts e Nevis ? 1952
Flag of India.svg India 1950 1950
Flag of Guyana.svgGüiana ? 1953
Flag of Mexico.svgMéxico 1909 17 de outubro de 1953 (dende 1947 en eleccións municipais)
Flag of Pakistan.svgPaquistán ? 1954
Flag of Syria.svgSiria ? 1954
Flag of Honduras.svgHonduras ? 1955
Flag of Nicaragua.svgNicaragua ? 1955
Flag of Peru.svgPerú ? 1955
Costa do Marfil Costa do Marfil ? 1955
Flag of Vietnam.svgVietnam ? 1955
Exipto Exipto ? 1955
Tunisia Tunisia ? 1956
Flag of Colombia.svgColombia 1957 (dende 1853, na provincia de Vélez -Santander-, podían votar. En 1857 perderon o dereito ao voto ao formarse o Estado de Santander. Recuperándoo de novo o 25 de agosto de 1954 e poñéndoo en práctica dende 1957).
Flag of Paraguay.svgParaguai ? 1961
Flag of Brazil.svgBrasil 1889 1961
Flag of the Bahamas.svgBahamas ? 1962
Mónaco Mónaco ? 1962
Flag of Iran.svg Irán ? 1963
Quenia Kenya ? 1963
Flag of Belize.svgBelize ? 1964
Estados Unidos de América Estados Unidos 1870 1965 (dende 1920 podían votar só as mulleres de pel branca)
Suíza Suíza 1848 1971
Portugal Portugal ? 1971 (dende 1931 podían votar as mulleres coa escola secundaria completa)
Liechtenstein Liechtenstein ? 1984
Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana ? 1986
Djibuti Djibuti ? 1986
Samoa Samoa ? 1990
Sudáfrica Suráfrica 1994 1994 (dende 1930 podían votar só as mulleres de pel branca)
Flag of Afghanistan.svgAfganistán ? 2003
Kuwait Kuwait ? 2005

Listaxe de países sen sufraxio feminino[editar | editar a fonte]

Na actualidade, algúns países non recoñecen o sufraxio ás mulleres. E se o recoñecen (como no Líbano), fano dun xeito diferente ós homes. A seguinte listaxe non inclúe os países que non permiten o sufraxio nin a homes nin a mulleres:

Sufraxistas[editar | editar a fonte]

Os e as sufraxistas foron a miúdo membros de diferentes asociacións co mesmo obxectivo, aínda que usando diferentes tácticas. Por exemplo, as sufraxistas británicas caracterizábanse por un tipo de defensa máis combativa. Noutros países o sufraxio feminino logrouse dende as institucións do estado mediante leis que foron impulsadas directamente por mulleres na política como o caso de España con Clara Campoamor ou Arxentina con Eva Perón.

Os primeiros obxectivos do movemento feminista seguiron sendo os mesmos: a incorporación da muller ao traballo durante a I Guerra Mundial, o dereito de voto, a mellora da educación, a capacitación profesional, a apertura de novos horizontes laborais, a equiparación de sexos na familia como medio de evitar a subordinación da muller e a dobre moral sexual. A grande novidade viu da ampla mobilización colectiva que soubo dirixir o movemento sufraxista en determinados países.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sufraxio_feminino&oldid=5106900"