Sukarno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sukarno
Presiden Sukarno.jpg
Nacemento 6 de xuño de 1901
  Surabaia
Falecemento 21 de xuño de 1970
  Iacarta
Causa insuficiencia renal
Soterrado Makam Soekarno
Nacionalidade Indias Orientais Neerlandesas e Indonesia
Relixión Islam
Alma máter Institut Teknologi Bandung
Ocupación político
Cónxuxe Fatmawati, Inggit Garnasih, Dewi Sukarno, Haryati, Siti Oetari e Yurike Sanger
Fillos Megawati Sukarnoputri, Rachmawati Soekarnoputri, Sukmawati Soekarnoputri, Guruh Sukarnoputra, Guntur Soekarnoputra e Kartika Sari Dewi Soekarno
Premios Orde de Lenin, National Hero of Indonesia e Prêmio Lenin da Paz
editar datos en Wikidata ]

Kusno Sosrodihardjo (ꦯꦸꦏꦂꦤ), coñecido como Sukarno,[1] nado en Surabaia o 6 de xuño de 1901 e finado en Iacarta o 21 de xuño de 1970), foi un político indonesio e o primeiro presidente da República de Indonesia (1945-1967) trala independencia do arquipélago, anteriormente colonia dos Países Baixos.

Sukarno ideou a filosofía e ideoloxía do novo estado co Pancasila.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sukarno era fillo dun mestre de escola xavanés e da súa esposa balinesa de Buleleng. Naceu en Surabaia, mais pasou a infancia en diferentes lugares como Mojokerto, Tulungagung e Blitar. Cando o seu pai o devolveu a Surabaya en 1916 para asistir a unha escola secundaria reuníuse con Tjokroaminoto, un futuro independentista. En 1921 comezou a estudar na Technische Hogeschool (Escola Superior Técnica de Bandung), graduándose en 1925. Estudou enxeñaría civil e centrouse na arquitectura.

En 1927 fundou o Partido Nacional Indonesio. Dous anos despois foi detido polas autoridades coloniais dos Países Baixos, sendo posto en liberdade en 1931. En 1939 foi desterrado á illa de Sumatra, da que foi liberado polos xaponeses trala invasión da illa en 1942, durante a segunda guerra mundial. Ao acabar a contenda proclamou a independencia de Indonesia, dirixindo a guerra contra os Países Baixos ata que en 1949 recoñeceron o novo estado.

En 1956 suprimiu todos os partidos políticos e tres anos máis tarde instituíu a democracia dirixida. Ante o crecemento progresivo do Partido Comunista de Indonesia (PKI), que contaba co apoio táctico de Sukarno, o xeneral Suharto, apoiado polos Estados Unidos obrigouno a delegarlle o poder en marzo de 1966 e substituíuno como presidente en 1967. Sukarno viviu illado e baixo arresto domiciliario ata a súa morte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu nome adoita escribirse como Sukarno ou Soekarno. A primeira forma corresponde coa ortografía actual da lingua indonesia e a segunda á antiga, influída polo neerlandés, aínda que continúa a empregarse, por exemplo no nome do Aeropuerto Internacional Soekarno-Hatta de Iacarta, debido a que a propia personaxe asinaba como Soekarno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Pai da nación
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sukarno&oldid=4662848"