Supermarine Spitfire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Supermarine Spitfire
Spitfire VIII MT928.jpg
Spitfire VIII MT928
Tipocaza
FabricanteSupermarine
Deseñado porR. J. Mitchell
Primeiro voo5 de marzo de 1936
Introducido4 de agosto de 1938
Retirado1961 (Irish Air Corps)
Principais usuariosRoyal Air Force
Produción1938 - 1948
Unidades construídas20.351
VariantesSupermarine Seafire
Supermarine Spiteful
Colt-Browning M2 cal 50 (12,7 mm)

O Supermarine Spitfire é un avión de caza usado pola RAF e moitos países aliados durante a Segunda Guerra Mundial. Foi producido en maior número que outros avións británicos e foi o único caza aliado en produción durante toda a guerra. O avión continuou sendo usado en roles secundarios durante os anos 50.

Características[editar | editar a fonte]

Producido por Supermarine, o Spitfire foi deseñado por R.J. Mitchell, que continuou mellorándoo ata a súa morte en 1937, o Spitfire prestou servizo durante a totalidade da II GM en todos os teatros de guerra, e en diferentes variantes. Durante a Batalla de Inglaterra (1940), demostrou a súa efectividade en combate, derrubando a maioría de cazas alemáns, mentres o Hawker Hurricane, ó ser más pesado e resistente, derrubaba bombardeiros. O seu primeiro voo foi 5 de marzo de 1936, fabricáronse 20.000 avións en máis de 40 versións entre 1938 e 1948 e retirouse da RAF en 1952.

Historia[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O prototipo do Spitfire, coñecido com F37/34 ou Supermarine 300, voou por primeira vez o 5 de marzo de 1936 na fábrica de Eastleigh, preto de Southampton. A finais dese ano instalóuselle un armamento de oito ametralladoras e comezaron as probas operacionais. Antes diso, en xuño, o Ministerio do Aire británico xa asinara un contrato con Supermarine Aviation para mercar 310 avións.

O primeiro Spitfire de serie voou case dous anos despois, o 11 de maio de 1938, un ano máis tarde do previsto. Estaba equipado coa nova versión do motor Merlin, que lle daba unha velocidade de 470 millas/hora, cando o prototipo o voara a un máximo de 380. Isto puxo de manifesto un problema que tiña o Spitfire e que sería arranxado moito máis adiante: as superficies de control eran de revestimento téxtil, e a velocidades por riba das 400 millas/hora inchábanse e facían o avión practicamente ingobernable.

O 12 de xullo de 1938 comezouse a construír preto de Birmingham a fábrica onde se producirían os Spitfire. En agosto chegarían os primeiros avións a unidades operativas, concretamente aos Escuadróns 19 e 66 da RAF baseados no aeródromo de Duxford. Eses dous escuadróns terían todos os seus aparatos a finais dese ano.

Durante eses primeiros meses de servizo faríanse modificacións no Spitfire Mk I. Primeiro cambiouse a hélice bipala de madeira de paso fixo por outra tripala de dobre paso; pasouse de usar gasolina de 87 octanos a usar a de 100, que incrementaba a potencia do motor Merlín case 300 cabalos, chegando ata os 1.310, usando un sobrecompresor; e todos os avións foron equipados con radio e con blindaxe diante e detrás do piloto.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

O Spitfire entrou en combate xa ao principio da guerra, aínda que as incursións da Luftwaffe en Gran Bretaña foron escasas ata o inicio da batalla de Inglaterra, a mediados de 1940. Comprobouse entón que era preciso revisar o armamento que equipaba o avión. As oito ametralladoras do Mk I eran demasiado lixeiras, e moitos bombardeiros alemáns conseguían regresar ás súas bases con decenas de buratos de bala. Os Bf 109 alemáns so equipaban tres armas, pero eran máis pesadas e concentraban máis os disparos que as do Spitfire, que as levaba distribuídas ao longo das ás.

O feito de que as armas estivesen distribuídas dese xeito tamén afectaba ao comportamento do avión. Cando a súa munición se consumía a distribución do peso do Spitfire cambiaba, modificando o comportamento en voo do avión. Facíase entón preciso pasar aos canóns, pero os intentos de instalalos nas ás fallaron, e estas tiveron que redeseñarse. O novo armamento probouse por primeira vez en xullo de 1939.

Seis meses despois entraría en combate o primeiro Spitfire equipado con canóns atacando a un bombardeiro Heinkel He 111. A súa arma de estribor atascouse despois do primeiro disparo, pero a de babor funcionou normalmente e alcanzou ao avión alemán, que sería rematado polas ametralladoras dun Hurricane.

Características técnicas[editar | editar a fonte]

Características da primeira versión: Mk I

Caza monopraza, o spitfire tiña unha lonxitude de 9.12 metros e unha altura de 3.48 cun peso en baleiro de 2.313 kg. O motor era un Rolls-Royce Merlin 45 de 1.470 CV de potencia. Chegaba a alcanzar os 605 km/h e tiña unha autonomía de voo de 760 km, podía chegar a unha altura de 11.300 m.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Supermarine_Spitfire&oldid=4810392"