Superoito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Superoito
OrixeCompostela, Galicia Galiza
Período2013 - actualidade
Selo(s) discográfico(s)Iraila Records
MembrosIván R. Paderne
Diego Falque
Glenn Carbajal
Páxina webhttps://www.facebook.com/superoitoengalego/

Superoito é unha banda galega de rock formada no 2013 entre Ordes e Santiago de Compostela. Está formada por Iván R. Paderne (cantante e guitarrista), Diego Falque (baixista solista e coros) e Glenn G. Carbajal (batería).

Historia[editar | editar a fonte]

O seu primeiro disco, Non sabes bailar, gravado nos estudios Rapapoulo, presentouse o 14 de xuño de 2013 nun concerto privado na Pontecarreira. Na segunda metade do ano levaron a cabo a xira de presentación do disco, con máis de cen concertos.

O 15 de decembro de 2013 organizaron o I Festival Solidario de Nadal, en colaboración co Hospital de Santiago de Compostela, co obxectivo de recadar xoguetes e cartos para as familias obrigadas a pasar as datas de Nadal dentro dos complexos hospitalarios[1].

En xaneiro do 2014 publicaron o segundo disco, Todo me dá voltas, composto por 13 cancións e gravado nos estudios Rapapoulo de Merelle por Mou de Dios ke te crew. No 2014 presentaron o disco en concertos, da man da discográfica Madrindie Producciones (Madrid) e Busaco Contratacions (Cangas).

No ano 2014 gañaron o premio Cantalingua, organizado por Correlingua (A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e Asociación Socio-Pedagóxica Galega)[2].

Vinculados moi fortemente coa defensa da lingua galega, as súas cancións tratan sobre temas da vida cotiá tratados con certo apego cómico como Galicia, a dignificación da labor mariñeira, a liberdade sexual e ideolóxica, a loita contra a construción da mina de Corcoesto ou a volta da selección galega de fútbol.

A principios do ano 2015 eco do seu éxito é compartir escenario coa banda vasca Berri Txarrak onde comezan a súa terceira xira coa que alcanzan os 150 concertos en tan só dous anos de traxectoria.

Recentemente estrearon o seu novo disco, que viu a luz a primeiros de 2016 e segundo anunciou a banda, o diñeiro de todas as vendas será doado ás protectoras de animais compostelanas "O Refuxio de Bando" e "Asociación Abeiro".

Actualmente atópanse na súa cuarta xira galega ao mesmo tempo que se preparan para estrear en setembro o seu terceiro disco.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Non sabes bailar (febreiro 2014, sinxelo; Rapapoulo Estudios; editado baixo licenzas Creative Commons).
  • Todo me dá voltas (marzo 2014; Rapapoulo Estudios).
  • Portarnos mal (abril 2015; Estudio Mágico)
  • No Saps Ballar (maio 2015, Discos Modernos Records)
  • Ez dakizu dantza egiten (maio 2015, Discos Modernos Records)
  • En directo (xaneiro 2016, Iraila Records)

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Superoito&oldid=5189426"