Talavera Fútbol Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
OID Talavera
NomeTalavera Fútbol Sala
Fundación1990
EstadioPrimero de Mayo
Talavera de la Reina, España España
Capacidade3.000
Presidenteespañol Benjamín Ramos
Adestradorespañol Carlos Sánchez
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2010-1112º (liga regular)
VestimentaRoyal
PatrocinadorOID
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Talavera Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como OID Talavera, é un equipo de fútbol sala da localidade de Talavera de la Reina, Toledo (Castela-A Mancha). Dende a tempada 2010-11 compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala.

O club foi fundado en 1990 e herdou a estrutura do Castilla-La Mancha Fútbol Sala (campión de Liga en 1992 e 1997) cando desapareceu no ano 2000. O novo club estivo dirixido dende aquela por un grupo de empresarios locais.

Historia[editar | editar a fonte]

O Talavera Fútbol Sala foi fundado en 1990 e comezou a xogar en Primeira Nacional "B", daquela terceira categoría do fútbol sala español. O equipo logrou o seu ascenso a Primeira Nacional "A" na tempada 1991-92, categoría na que permaneceu ata 1999. En 1995 produciuse a chegada do Castilla-La Mancha Fútbol Sala de Toledo a Talavera de la Reina, e dende esa tempada o Talavera FS se converteu no seu filial.[1]

Cando o Castilla-La Mancha FS desapareceu no 2000, o Talavera Fútbol Sala independizouse. O equipo partiu dende Primeira Nacional "B" xestionado por un grupo de empresarios de Talavera, na tempada 2001-02 ascendeu a Primera "A", e dous anos despois certificou o seu ascenso á División de Prata, cun proxecto que buscaba devolver á cidade á máxima categoría do fútbol sala. Logo de sete tempadas, na tempada 2009-10, o equipo finalizou na primeira posición do Grupo I e conseguiu ascender a División de Honra tras vencer ao Fisiomedia Manacor.[2]

Na súa primeira tempada na División de Honra o máximo accionista do club, Benjamín Ramos, prescindiu do modelo empresarial empregado ata aquela, logo de que marcharan os catro membros da Xunta Xestora do club por desavinzas coa xestión.[3] A Organización Impulsora del Discapacitado (OID) converteuse no patrocinador no ano 2010.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arquivo do Talavera FS". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2008. Consultado o 02 de marzo de 2008. 
  2. O Talavera Fútbol Sala ascende a División de Honra ABC, 16 de maio de 2010
  3. Adeus á xestión 'modelo' Deportes Talavera, xuño do 2010
  4. A OID, novo e sorprendente patrocinador do Talavera

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Talavera_Fútbol_Sala&oldid=4873096"