Tamara Valderrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tamara Valderrama
Nacemento1978
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeportista e patinadora artística sobre xeo
editar datos en Wikidata ]

Tamara Valderrama Santomé, nada en Vigo no ano 1979 é unha patinadora sobre rodas e adestradora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a patinar con oito anos. Competiu en cinco mundiais, noutros tantos campionatos europeos, seis Copas de Europa, dúas Copas de Italia, dúas Taças Latinas en Portugal e foi campioa de España absoluta no ano 2000 e podio en tódalas súas participacións. No ano 2006 retirouse do patinaxe individual pero continuou en activo co Grupo Show do Club Valladares, do que tamén é coreógrafa e adestradora da súa escola de promesas, co que gañou o Torneo de Italia da especialidade, e da Asociación Deportiva de Patinaxe Artística de Salvaterra de Miño

É licenciada en INEF e en bioloxía, e compaxina as súas actividades dando clases desta última.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tamara_Valderrama&oldid=4957061"