Tancredo de Hauteville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tancredo de Hauteville
Statue cathédrale Coutances Hauteville 2.JPG
Estatua talvez de Tancredo de Hauteville, que data de 1875 e substitúe a outra danada na Revolución francesa, na fachada norte da Catedral de Coutances.

Nacemento finais do século X (c. 980)
Ducado de Normandía
Falecemento c. 1041
Consorte
    • Murielle
    • Frédésende
  • Descendencia Véxase #Matrimonios e descendencia
    Casa real Casa de Hauteville

    Escudo de Tancredo de Hauteville
    Escudo da familia Hauteville

    Tancredo de Hauteville (en latín, Tancredus de Altavilla; en italiano, Tancredi d'Altavilla), nado contra finais do século X no Ducado de Normandía e finado contra 1041, foi un señor normando da baixa nobreza, que pasou á posteridade por ser o pai dos irmáns Hauteville, que conquistaron a Italia meridional aos bizantinos (1040-1071), e Sicilia (1061-1091) e da illa de Malta (1090) aos musulmáns.

    Gobernou un feudo achegado a Coutances, no Cotentín, na actual rexión da Baixa Normandía.

    Orixe da casa de Hauteville[editar | editar a fonte]

    A Casa de Hauteville, ou Altavilla, puido descender de Hiallt, un normando nacido en 920 que se asentou no Cotentín e fundou a vila chamada Hialtus Villa (Altavilla) do que a familia tomou o seu nome.[1][2] Tancredo sería seu bisneto.[3]

    Matrimonios e descendencia[editar | editar a fonte]

    Tancredo tivo 12 fillos das súas dúas esposas (sobre as que se afima que ambas as dúas eran fillas do duque Ricardo I de Normandía, aínda que baseándose nunha testemuña tardía de dubidosa credibilidade.[4], así como un número indeterminado de fillas. Case todos os seus fillos deixaron Normandía e trasládaronse ao sur de Italia, conseguindo gran sona nese lugar.

    • Da súa primeira esposa, Muriella, morta prematuramente, naceron cinco fillos varóns:[5]
      • Serlo (permaneceu en Normandía).
      • Beatriz. Casou primeiro con Armando de Mortain e despois con Roger. Morreu en 1101.
      • Godofredo de Hauteville, señor de Hauteaville e conde de Loritello, morto en 1063.
      • Guillerme Brazo de Ferro, conde de Puglia, morto en 1046.
      • Drogo, conde de Puglia, morto en 1051.
      • Hunifredo, conde de Puglia, morto en 1057).

    Segundo Amatus de Montecassino, cronista italiano das conquistas normandas no sur de Italia, Tancredo fora un home dunha moralidade moi estrita, que non estaba disposto a manter unha relación en pecado, polo que casou novamente, ao non ser capaz de vivir en perfecto celibato.

    • Coa súa segunda esposa Fressenda (ou Fredesenda) tivo sete fillos varóns e polo menos unha filla:[6]
      • Roberto Guiscardo, conde de Puglia e Calabria (1057), e despois duque de Puglia, Calabria e Sicilia. Morreu en 1085.
      • Mauger de Hauteville, conde de Capitanato, morto en 1064.
      • Guillerme de Hauteville, conde do Principado, morto en 1080.
      • Alberico ou Alvaredo, Alveredus en latín, que permaneceu en Normandía.
      • Humberto, que permanecru en Normandía.
      • Tancredo, que permaneceu en Normandía.
      • Roger de Hauteville, conde de Sicilia desde 1072 até a súa morte en 1101.
      • Fressenda, que casou con Ricardo I de Capua (morto en 1078), conde de Aversa e príncipe de Capua.

    Outro Tancredo de Hauteville[editar | editar a fonte]

    Un bisneto de Tancredo, tamén chamado Tancredo de Hauteville, foi un dos líderes da Primeira Cruzada. Era neto de seu fillo, o duque Roberto Guiscardo. Despois da Cruzada, Tancredo foi príncipe de Antioquía.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Hill, James S. (1914): The place-names of Somerset. St. Stephen's printing work, Princeton Universityn p. 256.
    2. Revue de l'Avranchin et du pays de Granville, Volume 31, nº 174, Partes 3-4. Société d'archéologie, de littérature, sciences et arts d'Avranches, 1941. Avranches, France.
    3. Huges, David (2007): The British Chronicles, Volume 2, p. 527. Westminster, Maryland, USA: Heritage Books Inc. ISBN 978-0-1889-4491-3.
    4. Richard II, Duke of Normandy, 996-1026.
    5. Segundo Gaufredo Malaterra: ...Tancredus nomine, duxit uxorem, moribus et genere splendidam mulierem, nomine Moriellam, ex qua legali successione annorum quinque filios, postea futuros comites, suscepit: Willelmum videlicet cognomine Ferrea-brachia, Drogonem, Humfredum, Gaufredum et Serlonem.
    6. Segundo Gaufredo Malaterra: Ducta vero Frensendis vocabatur, generositate et moribus priore non inferior, quae legitimis terminis marito septem peperit filios, non minoris pretii vel dignitatis a praedictis fratribus, quorum nomina subtitulamus hic: primus Robertus, dictus a nativitate Guiscardus, postea totius Apuliae princeps et Calabriae dux, vir magni consilii, ingenii, largitatis et audaciae; secundus Malgerius, tertius Willelmus, quartus Alveredus, quintus Hubertus, sextus Tancredus, septimus Rogerius minor, postea Siciliae debellator et comes.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tancredo_de_Hauteville&oldid=4937090"