Tareixa de Portugal, raíña de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tareixa de Portugal
Infanta de Portugal
Raíña consorte de León
D. Teresa de Portugal, Rainha de Leão - The Portuguese Genealogy (Genealogia dos Reis de Portugal).png
Retrato de Tareixa de Portugal,
en The Portuguese Genealogy (entre 1530 e 1534)
Raíña consorte de León
1191-1196
PredecesorUrraca López de Haro
SucesorBerenguela de Castela
Raíña titular de Portugal
Señora de Montemor-o-Velho
en oposición a Afonso II de Portugal
1212-1250

Nome completoTeresa Sanches
Nacemento4 de outubro de 1176
Coimbra, Reino de Portugal
Falecemento18 de xuño de 1250
Lorvão, Reino de Portugal
SepulturaMosteiro de Lorvão
ConsorteAfonso VIII de León e Galicia
DescendenciaVéxase Matrimoio e descendencia
Casa realCasa de Borgoña (nacemento)
Casa de Ivrea (Borgoña) (casamento)
ProxenitoresSancho I de Portugal
Dulce de Aragón

Escudo de Tareixa de Portugal, raíña de León
Armas de Portugal

Tareixa Sanches de Portugal O.S.B., tamén chamada no seu tempo Tarasia ou Tareja e, máis tarde, coñecida en Portugal como a Infanta-Rainha ou a Rainha Santa Teresa, nada en Coímbra o 4 de outubro de 1176[1][2] e finada en Lorvão o 18 de xuño de 1250,[3] foi unha infanta portuguesa que foi raíña consorte de León e, anos despois da súa morte, unha beata católica.

Era filla de Sancho I de Portugal, fillo de Afonso Henriques e de Mafalda de Savoia, coñecido como o Poboador polo estímulo co que apadriñou a repoboación dos territorios do país, fundando, entre outras vilas, a cidade de Guarda[4] e de Dulce de Aragón,[5] filla da raíña de Aragón, Petronila de Aragón e do conde de Barcelona Ramón Berenguer IV o Santo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Casou o 15 de febreiro de 1191, en Guimarães, co seu primo irmán o rei Afonso VIII de León e Galicia,[6][5] filla do rei de Portugal, Sancho I e de Dulce de Aragón,

Polas presións da igrexa, e polo feito de que o papa Celestino III, debido a este matrimonio entre primos irmáns, sen dispensa papal, excomungara ao monaca de León e pronunciara un interdito sobre o Reino de León, en 1195 a parella tivo que separarse e, en 1198, o matrimonio foi anulado, por consanguinidade, e Tareixa, en 1200, retirouse a un convento en Lorvão.[7][8] pois ambos os contraentes eran netos dos reis de Portugal Afonso Henríques.[7]

Querela con Afonso II de Portugal, seu irmán[editar | editar a fonte]

Á morte de Sancho I de Portugal, Tareixa debería recibir, segundo as disposicións testamentarias do seu pai, o castelo de Montemor-o-Velho, co resto do termo da vila, e todos as rendas alí producidas, podendo usar o título de raíña, ademais do de señora dese mesmo castelo.

Isto xerou unha loita co seu irmán Afonso II de Portugal que, desexando centralizar o poder, rexeitou o testamento do pai, impedindo á infanta-raíña recibir os títulos e as rendas a que tiña dereito. Se feito, estando casada co rei de León, Afonso II temía que estes títulos e rendas puidesen passar aos herdeiros do vasto patrimonio que o testamento lle legaba, creando así un problema á soberanía do rei de Portugal e dividindo o país case ao medio.

O testamento prevía tamén terras e castelos para as súas irmás Sancha e Mafalda, formándose un partido de nobres afectos ás infantas, liderado polo infante Pedro de Portugal, conde de Urgel, que se acolleu en León baixo a protección de Tareixa e tomou algunhas prazas transmontanas, pero que acabaría por ser derrotado; só coa morte de Afonso II, o seu fillo Sancho II resolveu o problema, concedendo as rendas dos castelos ás dúa tías, e nomeando os seus alcaides de entre os nomes que estas propuxeran, pedíndolles tan só que renunciasen ao título de raíñas. Así estabeleceuse finalmente a paz no reino, en 1223.

Querela sucesoria en León[editar | editar a fonte]

Retrato de Tareixa como beata.

Separada do seu marido regresou a Portugal, onde viviu o resto da súa vida no Mosteiro de Lorvão, convento beneditino; pouco tempo máis tarde, transformou o mosteiro en abadía cisterciense. Cando en 1214 faleceu o rei Afonso VIII de Castela, sucedeuno seu fillo Henrique, que morreu accidentalmente tres anos despois sen descendencia, e o trono de Castela foi ocupado por Fernando, neto de Afonso VIII e filo de Berenguela e de Afonso de León. As relacións entre León e Castela non foron todo o pacíficas que deberan, tendo en conta que ambos os reis eran pai e fillo e, cando en 1230 morreu Afonso VIII de León e Galicia, deixou disposto no seu testamento que o seu reino debería pasar ás fillas do seu primeiro matrimonio, Sancha e Aldonza, a pesar de que anteriormente se comprometera a deixar como seu sucesor a Fernando (ao que desherdou).[9][10]

Véxase tamén: Concordia de Benavente.

O reino de León dividiuse entón en dous bandos opostos: os partidarios de que ascendera ao trono a Fernando, que contaban co apoio do reino de Castela, e os de outorgaren a coroa a Sancha e Aldonza, que tiñan o apoio da Orde de Santiago, a cal recibira do rei Afonso o lugar de Castrotorafe co compromiso de que apoiara ás infantas; estas ascenderon ao trono co apoio da nobreza, pero o clero e a aristocracia opuxéronse, xa que preferían que os reinos de León e Castela se reunificaran baixo o rei Fernando. Fernando reclamou os dereitos que dicía ter pola súa condición de fillo do segundo matrimonio, dereitos que confirmou o papa Homorio III en 1218. Mentres as infantas foron recibidas como soberanas en Zamora, Fernando entrou en Toro, con apoio de parte do episcopado leonés.[11]

O Mosteiro de Lorvão.

Ante a inminencia dunha guerra entre ambos os bandos, as dúas ex-espos de Afonso, Tareixa e Berenguela, entrevistáronse en Valencia de Don Juan,[12] buscando unha solución pacífica para a cuestión sucesoria.

O acordo foi asinado en Benavente o 11 de decembro de 1230 (Concordia de Benavente). Segundo as condicións do acordo, as infantas renunciarían aos seus dereitos ao trono de León e, a cambio, a cada unha de elas se lle asignarían de por vida unha ducia de señoríos polos que percibirían unha renda anual de 15 000 marabedís,[13] que serían reducidos a 10 000 en caso de entraren en relixión e suspendidos en caso de matrimonio.[14][15]

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

Túmulo de Tareixa de Portugal na Igrexa do Mosteiro do Lorvão.

Despois de solucionar esta querela dinástica, Tareixa retornou ao Mosteiro de Lorvão e, finalmente, tomou os votos conventuais despois de anos de vivencia como monxa. Aí morreu o 18 de xuño de 1250 por causas naturais.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Afonso VIII de León e Galicia naceron tres fillos:

Beatificación[editar | editar a fonte]

O 13 de decembro de 1705 foi beatificada, xunto coa súa irmá Sancha, polo papa Clemente XI, mediante a bula Sollicitudo Pastoralis Offici.[19][20] En Portugal é venerada como beata, e mesmo como santa.

Oitenta e oito anos despois foi beatificada tamén a súa irmá Mafalda.

Antepasados de Tareixa de Portugal[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Henrique de Borgoña, fillo de Roberto I de Borgoña, conde de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
8. Henrique de Borgoña, conde de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Sibila de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
4. Afonso I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Afonso VI de León e Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Tareixa de León, condesa de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Ximena Muñoz
 
 
 
 
 
 
 
2. Sancho I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Humberto II de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
10. Amedeo III de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xisela de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
5. Matilde de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Guigues III de Albon
 
 
 
 
 
 
 
11. Mafalda de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Matilda ...
 
 
 
 
 
 
 
1. Tareixa de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Ramón Berenguer II, conde de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
12. Ramón Berenguer III, conde de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Mafalda de Puglia
 
 
 
 
 
 
 
6. Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xilberto I, conde de Gévaudan
 
 
 
 
 
 
 
13. Dulce de Provenza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Xerberga, condesa de Provenza
 
 
 
 
 
 
 
3. Dulce de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Sancho Ramírez de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
14. Ramiro II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Felicia de Roucy
 
 
 
 
 
 
 
7. Petronila de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Guillerme IX, duque de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
15. Inés de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Filipa, condesa de Toulouse
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Urraca López de Haro
Blason Léon.svg Escudoreinogaliza.svg
Raíña consorte de León de Galicia

11911197
Sucesor:
Berenguela de Castela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mattoso 2014, p. 334.
  2. Rodrigues Oliveira 2010, p. 84.
  3. Fernandes Marques 2008, p. 141.
  4. Evans, David (2004). Portugal. New Holland Publishers. p. 195. ISBN 9781860111266. 
  5. 5,05,1 Fernandes Marques 2008, p. 62.
  6. Casa de Ivrea-genealogy (en inglés).
  7. 7,07,1 Reis de Castela en Medieval Lands (en inglés).
  8. Fernandes Marques 2008, p. 87.
  9. Rodríguez López 1994, pp. 117-118.
  10. Gorosterratzu, Javier: Don Rodrigo Jiménez de Rada, gran estadista, escritor y prelado, cap. XV.
  11. Rodríguez López 1994, p. 118.
  12. Enrique Flórez, nas Memorias de las reynas catholicas, vol. I, páx. 346, sitúa a reunión en Valença do Minho.
  13. Algúns autores indican 15 000 dobras de ouro ou ducados. Segudo Eduardo Fuentes Ganzo: Moneda y crédito en el Reino de León (1000-1500) debían ser marabedís de a setenta diñeiros, que era a moeda corrente na época.
  14. Rodrigo Jiménez de Rada: De rebus hispaniae, cap. CCXXXI.
  15. Andrés Marcos Burriel: Memorias para la vida del santo rey Don Fernando III, capítulos XXVII ao XXX.
  16. Fernandes Marques 2008, p. 140.
  17. Fernandes Marques 2008, p. 136.
  18. Fernandes Marques 2008, pp. 140 e 143.
  19. Beata Sancha, virgen y fundadora en El Testigo Fiel (en castelán). Consultada o 23 de outubro de 2017.
  20. Beata Teresa del Portogallo en Santi e Beati (en italiano).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernandes Marques; Maria Alegria (2008): Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal. Coimbra: Estudos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 97-2772-019-6.
  • Mattoso, José (2014): D. Afonso Henriques, 2ª ed. Lisboa: Temas e Debates. ISBN 978-97-2759-911-0.
  • Rodrigues Oliveira, Ana (2010): Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História. Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-98-9626-261-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tareixa_de_Portugal,_raíña_de_León&oldid=4982212"