Tarsy Carballas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Tarsy Carballas Fernández
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Datos persoais
Nacemento2 de xuño de 1934
LugarTaboada, Lugo
NacionalidadeEspaña
Actividade
Campoacadémico
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
PremiosMedalla Castelao e Premio María Josefa Wonenburger Planells
editar datos en Wikidata ]

María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934, é unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España.[1] Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno.[2] Desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1958 e en 1963 foi Premio Extraordinario de Licenciatura en Ciencias Químicas[3]. Doutorouse en Farmacia, pero especializouse en Bioquímica e Edafoloxía.[3]

Estudou primeiro na Universidade de Santiago, e logo na de Nancy (Francia). Foi a primeira muller académica de Farmacia no Estado Español; tamén ingresou na Real Academia Galega de Farmacia (2003)[4], e foi a primeira en formar parte da xunta de goberno da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo (1980-84)[4]. É Socia de Honra da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo.[4]

Comezou a traballar na década de 1960 no CSIC, investigando en edafoloxía[5]. Ocupou a cátedra de Edafoloxía na Universidade de Santiago.[3] Fundou en 1980 o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), no que exerceu a dirección entre 1994 e 2004.[3]

Mantén un campo de investigación sobre solucións para recuperar o solo das áreas afectadas por incendios. Ten máis de duascentas publicacións e unha ducia de libros.[6]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Martín, A., Díaz-Raviña, M., Carballas, T. 2010. Short- and medium-term evolution of soil properties in Atlantic forest ecosystems affected by wildfires. Land Degradation and Development (DOI: 10.1002/ldr.1078). Elsevier, Reino Unido.
  • González-Prieto, S.J., Carballas, T. (1991). Composition of organic N in temperate humid region soils (NW Spain). Soil Biol. Biochem. Volumen 23:887-895
  • 1990. Mapa Mundial de suelos: leyenda revisada. V. 60 de Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos. Ed. FAO. 142 pp. ISBN 9253030224
  • Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández. 1982. Suelos naturales de la provincia de Orense. Ed. Consello Superior de Investigacións Científicas, Instituto de Investigaciones Agrobiolóxicas de Galicia. 114 p. ISBN 8400051750
  • Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández (1976). Técnicas de análisis de suelos, v. 70 de Monografías de ciencia moderna. Ed. Pico Sacro. 288 p. ISBN 8485170091
  • Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández, F. Díaz Fierros (1973). Suelos de la zona húmeda española. VII. Suelos naturales del Pirineo oscense. Pirineos, v. 108:5-40
  • Francisco Guitián Ojea, Tarsy Carballas Fernández (1968). Suelos de la zona húmeda española. III. Ranker atlántico. Anales Edafol. Agrobiol. 27: 57-73
  • Carballas, T., Duchaufour, Ph. Jacquín, F. (1967). Evolution de la matière organique des rankers. Bull. ENSA de Nancy 9: 20-28
  • 1963. Níquel en los suelos de la provincia de La Coruña Boletín Universidade Compostelana 71: 651-684

Galardóns e homenaxes[editar | editar a fonte]

  • 1963: Premio extraordinario de licenciatura.[7]
  • 1972: Premio Fray Bernardino de Sahagún [4]de traballos científicos.
  • 1977: Diploma do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia[4].
  • 1982: Premio Galicia de Investigación (Modalidade de Ciencias) [4]
  • 2004: Doutora «ad Honorem» do CSIC. [4]
  • 2006: Presidenta do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.[4]
  • 2009: Medalla Castelao pola súa contribución á cultura galega.[8][9]
  • 2011: Socia de Honra da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo.[4]
  • 2012: Premio María Josefa Wonenburger Planells[10] en recoñecemento á súa labor de investigación.
  • 2012: Premio a la Excelencia Química 2012 por un estudo da prevención de incendios forestais,[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bernard Souchier. 1981. Migrations organo-minérales dans les sols tempérés: Nancy, 24-28 septembre 1979. Volume 303 de Colloques internationaux du Centre national de la recherche scientifique. Ed. CNRS. 500 pp. ISBN 2222026814
  2. Reseña Academia de Farmacia de Galicia
  3. 3,03,13,23,3 García, Victoria (8 de marzo de 2018). "Tarsy Carballas, a científica que mira para o solo". GCiencia. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  4. 4,04,14,24,34,44,54,64,74,8 García, Victoria (2018-03-08). "Tarsy Carballas, a científica que mira para o solo". GCiencia. Consultado o 2019-04-06. 
  5. 1982. Anales de edafología y agrobiología. Volume 41, Nº 1-2. Ed. Consejo Superior de Investigaciones Cientificas
  6. "María Tarsy Carballas Fernández". Dialnet Plus. Consultado o 6 marzo 2018. 
  7. Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias. 1964. Acta cientifica Compostelana. Volumes 1-4. Ed. Facultade de Ciencias
  8. Tarsy Carballas, Diz-Lois, García Alén, Pérez-Barreiro y Marcos Valcárcel recibirán la Medalla Castelao 2009
  9. "Vieiros: Galiza Hoxe - García Alén, Tarsy Carballas e Marcos Valcárcel, Medalla Castelao 2009". www.vieiros.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  10. ABC (4 de outubro de 2012). "Entregan el premio María José Wonenburger Planells 2012 a Tarsy Carballas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 5 de outubro de 2012. 
  11. Una investigadora gallega gana el premio Excelencia Química 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tarsy_Carballas&oldid=5117504"