Teísmo (filosofía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Na filosofía e a relixión, o teísmo (do grego theos, "deus") é o pensamento, doutrina ou crenza na existencia dun deus ou deuses.

De xeito específico, é a crenza nun ser supremo que creou e que sostén o universo e todo aquilo derivado da propia creación do universo. O teísmo é un pensamento eminentemente teolóxico, pero pode ser tamén unha opción filosófica ou espiritual persoal, sen o apoio de ningunha doutrina relixiosa en particular, que admite a existencia dun deus que creou o universo e transcéndeo.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teísmo_(filosofía)&oldid=4461723"