Teixido, Cedeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°42′31″N 07°59′03″O / 43.70861, -7.98417

Teixido
Teixido1.jpg
Santuario de Santo André de Teixido.
Concello Cedeira
Poboación 49 hab. (2007)
Entidades de poboación 5

Santo André de Teixido, coñecida popularmente como San Andrés de Lonxe, é unha parroquia situada no leste do concello de Cedeira, na Serra da Capelada, preto dos cantís sobre o mar. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 49 habitantes (29 homes e 20 mulleres).

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Neste lugar atópase o santuario de Santo André de Teixido, famoso lugar de peregrinación.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Ademais da capela de Santo André, teñen tamén interese a Fonte do Santo e o mirador natural de Vixía de Herbeira, por riba dos cantís que, cos 620 metros de altura, teñen a maior cota sobre o mar de toda Europa.

Curro da Capelada[editar | editar a fonte]

O curro da Capelada é unha "rapa das bestas" que se celebra preto de Santo André de Teixido, no Monte da Pena Toxosa, o último domingo de xuño.

Teixido na literatura popular[editar | editar a fonte]

Refraneiro
  • A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • A san Andrés van ás veces dous e volven tres.
Cantigueiro
  • A San Andrés de Teixido/ fun coa cesta na cabeza,/ fun por mar e vin por terra/ o santiño mo agradeza [1].
  • Fun ó santo San Andrés/ alá no cabo do mundo;/ sólo por te ver, meu santo,/ tres días hai que non durmo [1].
  • Fun ó santo San Andrés,/ fun alá e hei volver,/ quedoume a ñima mantilla/ no seu altar por coller [1].
  • Fun ó santo San Andrés/ fun coa miña empanada,/ anque o santo é milagreiro/ é amigo da fuliada [1].
  • Indo para San Andrés/ seica me veu un agoiro,/ non puiden levar a pedra/ ó primeiro amilladoiro [1].
  • Meu divino San Andrés/ este ano alá non vou,/ pola falta de diñeiro/ moita xente se quedou [1].
  • Meu divino San Andrés,/ tellas do voso tellado,/ elas de lonxe parecen/ ouro fino amartelado [1].
  • Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota [2].
  • Meu señor San Andresiño/ que está na alta ribeira,/ véñolle pedir, meu santo,/ a salvación verdadeira [1].
  • Meu señor San Andresiño/ que estás na alta montaña,/ este ano vin solteira,/ pro o que vén virei casada [1].
  • O divino San Andrés/ mandou empedrar o mar/ para que os seus romeiriños/ o foran a visitar [1].
  • O San Andrés de Teixido/ está dereito na porta/ mirando para os romeiros/ como lle baixan a costa [1].
  • Pasei a ponte do Porco,/ paseille a man polo lombo,/ meu divino San Andrés/ o voso camiño é longo [3].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Santo André de Teixido, Cedeira. Panorámica.jpg

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Teixido[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Teixido no concello de Cedeira (A Coruña)

Biduído | A Candocia | Lamelas | Meizoso | Teixidelo

Parroquias de Cedeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,001,011,021,031,041,051,061,071,081,091,10 Vicente Risco, 405.
  2. Lino Lema Bouzas, 13. Cedeira e Cariño son concellos limítrofes.
  3. Vicente Risco, 405. Refírese á ponte do Porco, sobre o río Lambre, en Miño (A Coruña) construída por Fernán Pérez de Andrade no século XIV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teixido,_Cedeira&oldid=4436225"