Teodoro II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Teodoro II, papa
Pope Theodore II.jpg
Teodoro II
Nacemento 840 e valor descoñecido
  Roma
Falecemento anos 890xuliano
  Roma
Relixión catolicismo
Ocupación político, clérigo e sacerdote
Período decembro do 697
Coñecido/a por ser o papa n° 115 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Teodoro II, nado en Roma e finado na mesma cidade en decembro de 897, foi o Papa n.º 115 da Igrexa católica. O seu pontificado durou tan só vinte días, e finou presuntamente envelenado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa durante o seu papado, apareceron na beira do río Tíber os restos do papa Formoso, que foran exhumados para a celebración do concilio do cadáver e botados ao río durante o papado de Estevo VI. Despois, foron devoltos á súa tumba da Basílica de San Pedro.

Teodoro II convocou un sínodo, no que se anularon formalmente todas as decisións de Estevo VI, devolvéronse os seus dereitos aos eclesiásticos ordenados por Formoso e que Estevo considerara nulos, e ordenouse destruír as actas do mencionado concilio do cadáver.

Os numerosos partidarios da familia Spoleto, contrarios ás disposicións tomadas por Teodoro, intentaron impor a Serxio, conde de Túsculo, como papa, o que non acadarían até 904, cando ocupou a cadeira de San Pedro como Serxio III.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teodoro_II,_papa&oldid=4715041"