Teodoro II, papa de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teodoro II
Tawadros II of Alexandria.jpg
Papa da Igrexa Ortodoxa Copta
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1952 en Mansura ‎
Ordes
Ordenación sacerdotal1989
Consagración episcopal15 de xuño de 1997
Elixido papa18 de novembro de 2012
Papa de Alexandría
18 de novembro de 2012 - actualidade
PredecesorXinuda III

Teodoro II (en copto: Ⲡⲁⲡⲁ Ⲁⲃⲃⲁ Ⲑⲉⲟ́ⲇⲱⲣⲟⲥ ⲃ̅ , tr. Papa Abba Theódōrōs II; en árabe: ‏البابا تواضروس الثاني‎, tr. al-Baba Tawadurus al-zani), nado en Mansura (Exipto) o 4 de novembro de 1952 é o 118º Papa de Alexandría da Igrexa Ortodoxa Copta, no cargo dende o 18 de novembro de 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como Waxih Subhi Baqi Sulaiman (وجيه صبحى باقى سليمان) o 4 de novembro de 1952 na cidade de Mansura, Exipto.[1] Estudou Farmacia na Universidade de Alexandría, graduándose en 1975.[1] Aos poucos anos de traballar nunha compañía farmacéutica, ingresou no mosteiro de san Pishoi de Wadi al Natrun, e foi ordenado sacerdote en 1989.

O 15 de xuño de 1997 foi consagrado bispo polo papa de Alexandría Xinuda III,[2] e tomou o nome de "Teodoro". Foi asignado á eparquía de Bihira.

Á morte de Xinuda III, estivo entre os tres candidatos para sucederlle, resultando elixido o 18 de novembro de 2012.

O 8 de maio de 2013 Teodoro II visitou no Vaticano ao papa Francisco; esta foi a segunda vez que un papa copto visitaba ao seu homólogo católico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Eglise de la Vierge Marie et Saint Mina, Marsella (Francia) (ed.). "Sa Sainteté le pape Tawadros II (Théodore II), pape d'Alexandrie" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 30-10-2013. Consultado o 22-09-2014. 
  2. Igrexa Ortodoxa Británica (ed.). "Bishop Tawadros chosen by the Sacred Lot to be 118th Pope" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2014. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teodoro_II,_papa_de_Alexandría&oldid=4910832"