Teodoro II de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teodoro II Godunov
Tsar Fyodr II.jpg
Nacemento1589
 Moscova
Falecemento20 de xuño de 1605
 Kremlin de Moscova
Causaasfixia
SoterradoMosteiro da Trindade-São Sérgio e sen etiquetar
NacionalidadeTsarato ruso
Ocupacióncartógrafo
PaiBoris Godunov
NaiMaria Skuratova-Belskaya
IrmánsTsarevna Xenia Borisovna of Russia
CargosTsar de Rusia desde o 23 de abril de 1605 ata o 11 de xuño de 1605
editar datos en Wikidata ]

Teodoro II Borisovich Godunov (en ruso: Фёдор II Борисович), nado en Moscova o 10 de xuño de 1589 e finado na mesma cidade o 20 de xuño de 1605, foi tsar de Rusia. A súa morte deu comezo ao Período Tumultoso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O mapa de Rusia, editado por Hessel Gerritsz.

Foi o fillo e sucesor do tsar Boris Godunov. A súa nai, María Grigorievna Skuratova-Beslskaya, foi unha das fillas de Malyuta Skuratov, a favorita de Iván o Terrible.

Fisicamente robusto e moi querido polo seu pai, recibiu a mellor educación posible para os seus días, e desde a infancia foi iniciado en todas as minucias do goberno, asistindo regularmente á Duma e recibindo a diplomáticos estranxeiros. Tamén parece que tiña unha boa intelixencia, creando el só un mapa de Rusia, que aínda se conserva.[1]. Este mapa foi editado con algunhas adicións por Hessel Gerritsz en Ámsterdam, no ano 1613 e reeditado ata 1665.

Trala repentina morte do seu pai Boris Godunov, foi proclamado tsar con 16 anos o 13 de abril de 1605. Mentres que o seu pai tomou as precaucións de rodearse de poderosos amigos, Teodoro viviu desde o primeiro momento do seu reinado nunha atmosfera de traizón. O 11 de xuño de 1605, os enviados de Demetrio o Falso chegaron a Moscova para reclamar a súa retirada, e as cartas lidas na Praza Roxa decidiron o seu destino. Un grupo de boiardos fixéronse co control do Kremlin e arrestaron o tsar.

Entre o 10 e o 20 de xuño, Teodoro foi esganado coa súa nai no seu apartamento. Oficialmente, díxose que foi envelenado, pero o diplomático sueco Peter Petreius, decatouse de que os corpos mostraban sinais dun esganamento violento.[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2006. Consultado o 20 de xaneiro de 2010. 
  2. Peter Petreius de Erlesund: Historien und Bericht von dem Groszfürstentumb Muschkow, Leipzig, 1630
Predecesor:
Boris Godunov
Coat of arms of Russia in 17th century.png
Tsar de Rusia

1605 - 1605
Sucesor:
Demetrio II de Rusia
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teodoro_II_de_Rusia&oldid=4981775"