Terra Santa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Un mapa de 1759 titulado A Terra Santa, ou Palestina, mostrando non só os reinos antigos de Xudá e Israel nos que as doce tribos foron distinguidas, mais tamén a súa localización en diferentes épocas segundo indican as Santas Escrituras, de Tobias Conrad Lotter, Xeógrafo. Augsburgo, Alemaña

A Terra Santa (hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh, latínTerra Sancta; árabe: الأرض المقدسة Al-Arḍ Al-Muqaddasah) é unha área aproximadamente localizada entre o río Xordán e o mar mediterráneo, mais tamén inclúe a beira oriental do río Xordán. Historicamente, é sinónimo tanto da Terra de Israel como de Palestina, e actualmente son parte dela o Estado de Israel, os Territorios Palestinos, a República do Líbano, a República Árabe de Siria e o Reino Haxemita de Xordania. É considerada santa polos xudeus, os cristiáns e os musulmáns.

Parte da relevancia desta terra ten as súas raíces na importancia relixiosa de Xerusalén, a cidade máis santa do xudaísmo, a rexión histórica do ministerio de Xesús, e no islam o lugar onde aconteceu o mi'raj (ascenso de Mahoma os ceos) e onde está o Monte Nebo, onde Moisés presumiblemente morreu. A suposta santidade da terra foi un dos motivos polos que os cristiáns europeos tentaron gañarlla aos musulmáns turcos selxúcidas durante as Cruzadas. Os turcos tomaron Terra Santa despois de derrotar os musulmáns árabes, que á súa vez conquistaran a rexión do Imperio Bizantino cristián.

Moitos lugares de Terra Santa durante longo tempo foron destino de peregrinación para os fieis das relixións abrahamicas, incluíndo xudeus, cristiáns, musulmáns, e bahá'ís. Os peregrinos visitan Terra Santa para tocar e ver manifestacións físicas da súa fe, confirmar as súas crenzas nun contexto santo e nun marco de emoción colectiva e conectarse persoalmente coa Terra Santa.[1]

Xudaísmo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Terra de Israel.
Cemiterio xudeu no Monte das Oliveiras, Xerusalén. A santidade de Palestina atraeu xudeus que querían seren enterrados no solo sagrado. O sabio rabí Anan dicía "ser enterrado en Palestina é como ser enterrado baixo o altar."[2][3]
As oliveiras, como esta en Qefin, teñen unha santidade intrínseca no xudaísmo, especialmente durante o Ano Sabático. Esta "santidade do sétimo ano" leva consigo moitas leis relixiosas.[4]

Os xudeus xeralmente non se refiren á Terra de Israel como "Terra Santa" (hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh). O Tanakh explicitamente refírese a ela como "terra santa" nunha soa pasaxe, en Zacarías 2:16. A santidade da Terra de Israel xeralmente está implícita no Tanakh no feito de que a terra foi dada aos israelitas por Deus, en que é a "terra prometida", unha parte integral da alianza de Deus. Moitos mitzvot (mandamentos) ordenados aos israelitas na Torah só pódense cumprir na Terra de Israel, o cal serve para diferenciala doutras terras.[5] Por exemplo, na Terra de Israel, "ningunha terra será vendida permanentemente" (Lev. 25:23). O Shmita ou "Ano Sabático" só obsérvase con respecto á terra de Israel, e a observancia de moitos dos días santos é diferente, xa que a diáspora xudía observa un día máis.

Segundo Eliezer Schweid:

"O que fai única a Terra de Israel é...'xeoteolóxico' e non soamente climático. Esta é a terra que precede a entrada do mundo espiritual, aquela esfera de existencia que xace máis aló do mundo físico coñecido por nós mediante os nosos sentidos. Isto é a clave do status único da terra respecto da profecía e á oración, e tamén respecto dos mandamentos"[6]

Desde o século XVI, a santidade de Palestina concentrouse nas "catro cidades santas": Xerusalén, Hebrón, Safed e Tiberíades, como as cidades máis santas do xudaísmo. Xerusalén, como o lugar do Templo, considérase especialmente significativo.[7] Os enterros sacros aínda son emprendidos polos xudeus da diáspora que desexan xacer sepultados no solo sagrado de Palestina.[8]

Segundo a tradición xudía, Xerusalén é o Monte Moriah, a lugar do sacrificio de Isaac. A Biblia hebrea menciona o nome de "Xerusalén" 669 veces, a miúdo porque moitos mitzvot só poden realizarse alí ou no seus arredores. O nome "Sion", que normalmente se refire a Xerusalén mais ás veces á Terra de Israel, aparece na Biblia hebrea 154 veces.

O Talmud menciona o deber relixioso de colonizar Palestina.[9] No xudaísmo o acto de adquirir terra en Palestina é tan significativo que o Talmud levanta certas restricións relixiosas do Shabat para a súa adquisición e colonización.[10] O rabí Johanan dicía que "un que anda unha distancia de 4 cóbados en Palestina pode estar seguro de participar no mundo futuro". Unha historia di que cando o rabí Eleazar ben Shammua' e o rabí Johanan HaSandlar deixaron Palestina para estudar co rabí Judah ben Bathyra, só chegaron ata Sidón e entón "a idea da santidade de Palestina superou a súa resolución, derramaron bágoas, resgaron as súas roupas e volveron atrás". Debido a que a poboación xudía concentrábase en Palestina e a emigración xeralmente evitábase, quedaba unha cantidade de espazo limitada para exercitar o ensino xudaico. Con todo, despois de padecer persecucións en Palestina durante séculos após a destrución do Templo, os rabís que atoparan moi difícil conservar a súa residencia marcharon a Babilonia, que lles ofrecía máis protección. Moitos xudeus querían que Palestina fose o lugar onde morreren. O rabí Anan dicía, "ser enterrado en Palestina é como ser enterrado baixo o altar". O dito "A Súa terra absolve o Seu pobo" implica que quen é enterrado en Palestina obtén a absolución dos seus pecados.

Cristianismo[editar | editar a fonte]

A Igrexa do Santo Sepulcro é un dos sitios de peregrinación máis importantes do cristianismo, pois é o suposto onde ocorreu a resurrección de Cristo.

Os cristiáns consideran santa a Terra de Israel debido á súa asociación co nacemento, ministerio, crucifixion e resurrección de Xesús de Nazaret, a quen consideran o Salvador ou Mesías, e porque é a terra do seu pobo, os xudeus (segundo a Biblia). Os libros cristiáns, incluíndo edicións da Biblia, a miúdo conteñen mapas de Terra Santa (considerando Galilea, Samaria, Xudea). Por caso, o Itinerarium Sacrae Scripturae ("Libro de viaxe polas Santas Escrituras") de Heinrich Bünting (1545-1606), un pastor protestante alemán, presentaba tal tipo de mapa.[11] O seu libro foi moi popular e proporcionou "o resumo dispoñíble máis completo de xeografía bíblica e describiu a xeografía da Terra Santa trazando as viaxes dos personaxes máis importantes dos Antigo e Novo testamento."[11]

Como termo xeográfico "Terra Santa" abarca de maneira xeral o Israel moderno, os Territorios Palestinos, o Líbano, Xordania occidental e o suroeste de Siria.

Islam[editar | editar a fonte]

Mesquita de Al-Aqsa na Cidade Vella de Xerusalén

No Corán, o termo الأرض المقدسة (Al-Ard Al-Muqaddasah, en galego: "Terra Santa") é mencionado polo menos sete veces, unha cando Moisés proclama aos fillos de Israel: "O pobo meu! Entra na terra santa que Allah te atribuíu, e non volvas atrás con ignominia, pois entón serás derrocado, para a túa propia ruína." (Surah 5:21)

Xerusalén (mencionado como Al-Quds, que significa "o Santo") ten importancia particular no islam. O Corán conta que Mahoma experimentou o isra e o mi'raj como "unha viaxe nocturna desde a Sagrada Mesquita (A Meca) ata a Mesquita máis Afastada (al-Aqsa), cuxo precintos bendixemos" (17:1). Ahadith asociou a "Mesquita máis Afastada" con Al-Quds; por exemplo, como narra Abu Huraira: "Na viaxe nocturna do apóstolo de Allah, dúas cuncas, unha que contiña viño e a outra leite, lle foron presentadas en Al-Quds (Xerusalén). Ollou nelas e colleu a cunca de leite. O anxo Gabriel dixo, "Loado sexa Allah, quen guioute a Al-Fitrah (o camiño correcto); se colleras (a cunca de) viño, o teu Ummah se perdería". Con todo, moitos estudosos modernos sosteñen que a 'Mesquita máis Afastada' (al-Masjid al-Aqsa) era unha construción ou sitio de oración nas aforas de Medina. A mesquita actual dese nome non estaba construída na época de Mahoma, ni o Corán conten ningunha referencia a Xerusalén, á parte da referencia ao cambio da qibla de Xerusalén a A Meca. Xerusalén era a primeira qibla (dirección na que se prega), con todo, isto máis tarde mudouse á Kaaba en A Meca, seguindo unha revelación que o arcanxo Gabriel fixera a Mahoma, o cal é interpretado polos eruditos que foi en resposta ao rexeitamento dos xudeus á misión profética de Mahoma.

A rexión exacta referida como a "Terra Bendita" no verso [21:71] do Corán foi interpretada de forma diferente segundo diferentes eruditos: Abdullah Yusuf Ali a fai estenderse por un gran espazo de terra que inclúe, Siria, Palestina e as cidades de Tiro e Sidón no Líbano; Az-Zujaj di que é, "Damasco, Palestina e unha porción de Xordania"; Qatada afirma que debe ser "o Levante"; Muadh ibn Jabal "a área entre al-Arish e o Éufrates"; e Ibn Abbas "a terra de Xericó".[1][12]

Fe Bahá'í[editar | editar a fonte]

Os bahá'ís consideran sagrados Acre e Haifa xa que Bahá'u'lláh, o fundador do bahaísmo, estivo exiliado na prisión de Acre desde 1868 e transcorreu a súa vida na súa contorna ata a súa morte en 1892. Nas súas escrituras elixiu a pendente do Monte Carmelo como sede do Santuario do Báb que o seu sucesor `Abdu'l-Bahá erixiu en 1909 como un inicio dos seus xardíns en forma de socalcos. A cabeza da relixión após el, Shoghi Effendi, empezou construír outras estruturas e a Casa Universal de Xustiza continuou a obra ata que o Centro Mundial Bahá'í foi convertido no que hoxe é, o centro espiritual e administrativo da relixión.[13][14] Os seus xardíns son sitios moi populares entre os visitantes da cidade e o filme de 2012 de Mohsen Makhmalbaf, O Xardineiro, os presenta.[15][16] Actualmente os sitios de peregrinación máis santos da fe bahá'í son o Santuario de Bahá'u'lláh en Acre e o Santuario do Báb en Haifa que a UNESCO declarou Patrimonio Mundial.[17]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Metti, Michael Sebastian (2011-06-01). "Jerusalem - the most powerful brand in history" (PDF). Stockholm University School of Business. Consultado o 1 de xullo de 2011. 
  2. Michael L. Rodkinson (Translator) (2010). The Babylonian Talmud: all 20 volumes (Mobi Classics). MobileReference. p. 2234. ISBN 978-1-60778-618-4. Consultado o 7 de decembro de 2011. 
  3. Moshe Gil (1997). A history of Palestine, 634-1099. Cambridge University Press. p. 632. ISBN 978-0-521-59984-9. Consultado o 7 de decembro de 2011. 
  4. Seasons in Halacha, Pinchos Yehoshua Ellis, p. 74.
  5. Aharon Ziegler, Halakhic positions of Rabbi Joseph B. Soloveitchik: Volume 4, KTAV Publishing House, 2007, p.173
  6. The Land of Israel: National Home Or Land of Destiny, By Eliezer Schweid, Translated by Deborah Greniman, Published 1985 Fairleigh Dickinson Univ Press, ISBN 0-8386-3234-3, p.56.
  7. Since the 10th century BCE.
  8. Joseph Jacobs, Judah David Eisenstein. "PALESTINE, HOLINESS OF". JewishEncyclopedia.com. Consultado o 7 de decembro de 2011. 
  9. Isaac Herzog (1967). The Main Institutions of Jewish Law: The law of obligations. Soncino Press. p. 51. Consultado o 27 de xuño de 2011. 
  10. Yosef Zahavi (1962). Eretz Israel in rabbinic lore (Midreshei Eretz Israel): an anthology. Tehilla Institute. p. 28. Consultado o 19 de xuño de 2011. Se alguén compra unha casa dun non xudeu de Palestina, o título debe inscribirse mesmo se é shabat. No shabat!? Iso é posible? Mais como explicou Rava, debe ordenar a un non xudeu que o inscriba, aínda que dicir a un non xudeu que faza un traballo prohibido no shabat está vedado polas instrucións rabínicas, os rabís conceden o seu permiso por mor da colonización de Palestina. 
  11. 11,011,1 Bünting, Heinrich (1585). "Descrición de Terra Santa". World Digital Library (en alemán). 
  12. Ali (1991), p. 934
  13. Jay D. Gatrella; Noga Collins-Kreinerb (setembro de 2006). "Negotiated space: Tourists, pilgrims, and the Bahá'í terraced gardens in Haifa". Geoforum 37 (5): 765–778. ISSN 0016-7185. doi:10.1016/j.geoforum.2006.01.002. Consultado o 30 de marzo de 2014. 
  14. Smith, Peter (2000). "Arc-buildings of; Bahá'í World Centre". A concise encyclopedia of the Bahá'í Faith. Oxford: Oneworld Publications. pp. 45–46;71–72. ISBN 1-85168-184-1. 
  15. Leichman, Abigail Klein (7 de setembro de 2011). "Israel's top 10 public gardens". Israel21c.org. Consultado o 30 de marzo de 2014. 
  16. Dargis, Mahohla (8 de agosto de 2013). "The Cultivation of Belief - 'The Gardener,' Mohsen Makhmalbaf's Inquiry Into Religion". New York Times. Consultado o 30 de marzo de 2014. 
  17. UNESCO World Heritage Centre (2008-07-08). "Three new sites inscribed on UNESCO's World Heritage List". Consultado o 2008-07-08. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Este artigo incorpora texto dunha publicación agora no dominio público: "Palestine, Holiness of".[./File:PD-icon.svg ] Enciclopedia xudía. 1901–1906.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Terra_Santa&oldid=4810890"