Terra de Trasancos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Santa Cecilia de Trasancos.

Terra de Trasancos é o nome co que se designaba o territorio hoxe ocupado polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Neda e Fene. O topónimo ten a súa orixe en clave de PCP, Paradigma da Continuidade Paleolítica, no Neolitico, e mantivo o seu nome até a desaparición do Antigo réxime a comezos do século XIX, coa división territorial de España en 1833, organizando o territorio en concellos. Dá nome ás actuais parroquias de Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) e Trasancos (Narón).

Historia[editar | editar a fonte]

REBE TRASANCI AVG[VST]E século I da era actual ou I antes da actual, Castro de Santa Comba, Ferrol.

Na Gallaecia, antes, durante e despois da dominación romana, as divisións territoriais celtoatlánticas, chamábanse Trebas ou Tudos. A Treba non é un castro, alberga no seu interior unha morea de castros, podendo ultrapasar o centenar, o número ideal por treba -dentro da CCL [Celtic Common Law]- , a ‘centena celta’ comprende120 castros, nunha superficie duns 130 km² . O territorio político, ou treba, celta, chamado Terra ou Territorio na Idade Media, deu pé ás nosas actuais bisbarras [1]. Na terra de Trasancos contabilizamos hoxe máis de 56 castros, como mínimo, unha poboación de aproximadamente 2.240 habitantes, contando de media oito vivendas por castro e 5 habitantes por casa. No aspecto político e xurisdiccional ou legal, a Treba ou Toudo Celtogalaico está conformada en todo o mundo celtoatlántico por o sobredito centenar de de brigas, "castros", ou domus, ‘casas nobres’, verticalmente ligadas ao príncipe da Terra, cada unha de elas co seu propio espacio económico e xurisdiccional.

Os condes adoptan o título de imperantes ou principes en cada unha das suas terras [usando os diplomas regularmente –as, fronte ao nom. pl. f. lat. –ae], territorios [pl. -os, territorios, sing. -o, territorio, no canto de pl. neutr. lat. -a, territoria e no canto de s. neutr. lat. -um, territorium], ou estados patrimoniais. Isto sucede na Terra de Trasancos coa dinastía Pérez [Pires ou Petriz]: os Froilaz,  logo Trastámara ata a morte do último Roi Gómez, sine semine em 1261, pasando o título e posesións á Casa de Molina e despois ao monarca galaico-leonés-castelán con Sancho IV, O Bravo, caendo a Terra de Trasancos en regengo.

O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou no castro de Santa Comba unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E[2] de dificil lectio e interpretatio, out tamén, psbl. em dat. s. Reve Trasanciuge ou Trasanciange (Trasancian+i+ca). "PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos» Reve [Tema en “a”, é seguramente epíteto da Mater - equiparada á Leto Celta, Re-be [b/v] “Raising Moon, Ascensión da Lúa”, cf. aIrl. Lán na Ré "Lua Chea e RE-VA LANGA psbl. "Ascendente Lúa Chea" ]; en calqueira caso a lousiña, parecida a unha fusaiola, de Santa Comba, Covas Ferrol, contém o nome de, e dos, Trasancos .

O topónimo Trasancos pervive na parroquia de Trasancos (Narón). -ancos é sufixo, non fai referencia ao monte de Ancos, no concello de Neda. Trasancos é nome [en clave de PCP, Paradigma de Continuidade Paleolítica] moi antigo, invariable nas linguas indoeuropeas. Voz, problm. do Celta Antigo Común, provinte das rozas e decruas para cultivar dos primeiros agricultores. En clave de Xeografía Mítica e Sagrada celta e indoeuropea [Homero, Hesíodo, Estesícoro] , pasaría a Tartares [reduplicación de *trs, cf, a.irl. tart, “sede”],como imaxe do Tártaro: ‘Monasterio [S. Martiño] de Iuvia vocitato Tartares” ; orixinando posiblemente o moderno topónimo O Inferniño, e o medieval, Lamas do Inferno [onde hoxe está Alcampo]. Trasancos: psb. radical *Ters+ ancos [sendo -ancos o sufixo das contiguas galaicas trebas/toudos de, e dos, Nem-ancos; Bes-ancos; Tras-ancos; Lapati-ancos, etc.,] *ters-, Radical de Trasancos, *Ters+ an+i+cos psvl. “os que queimam o monte para cultivar” [Pokorny 1078 (1870/47)] *ters-, idg., V., Sb.: nhd. trocknen, verdorren, dürsten, Durst; ne. dry (V.), thirst (N.); RB.: ind., iran., arm., gr., alb., ital., kelt., germ.; Hw.: s. *tr̥su-, *tr̥si̯ā, *tr̥sto-; W.: gr. τέρσεσθαι (térsesthai), V., trocken werden; W.: gr. τερσαίνειν (tersaínein), V., trocken machen, abtrocknen, abwischen; W.: s. gr. τρασιά (trasiá), tarsim̥ (tarsiá), F., Darre, Flechtwerk zum Trocknen; W.: s. lat. terra, F., Land, Erdboden; vgl. ae. fel-terr-e, sw. F. (n), Erdgalle (eine Pflanze); W.: lat. torrēre, V., dörren, braten, backen, rösten, sengen, versengen, entzünden; […] germ. *þarzjan , sw. V., trocknen, dörren; an. þerr-a, sw. V. (1), trocknen; W.: germ. *þarzjan, sw. V., trocknen, dörren; a.irl Tart “sede”. Dificilmente podería ser Trasancos un hidrónimo [O ácido Tartárico, como o Tártaro, non hidrata, precisamente]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pena Graña, André (2010). Narón un concello con historia de seu I (páxina 167). Concello de Narón. p. 535. 
  2. "Un excepcional achado epigráfico" Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo de André Pena Graña, 2001.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Terra_de_Trasancos&oldid=5092470"