Territorio Antártico Británico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Territorio Antártico Británico

(British Antarctic Territory)

Flag of SGSSI Coat of arms of the British Antarctic Territory.svg
(Bandeira) (Escudo)
Ant-pen map.png
Lema: Investigación e Descubrimento
Idioma oficial Inglés
Capital ningunha
Comisionado Tony Crombie
Área 1 709 400 km²
Poboación 200
Moeda Libra esterlina

Territorio Antártico Británico (en inglés British Antarctic Territory) é a denominación que lle dá o Reino Unido ao territorio da Antártida sobre o que o reclama a soberanía, que abarca todas as terras ao sur do paralelo 60° S, entre o meridiano 20° O e 80° O, cunha superficie aproximada de 1.709.400 km².[1] Esta reclamación superponse parcialmente coa área reclamada por Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa da Arxentina (Antártida Arxentina). Estas reclamacións están suspendidas por aplicación do artigo 4 do Tratado Antártico de 1959.

En 1908 mediante "Cartas Patentes", Gran Bretaña declarou do seu dominio todas as terras situadas ao sur do paralelo 50° S, entre os 20° e 80° lonxitude Oeste de Greenwich. Como esa definición incluía a parte austral de América do Sur (Chile e Arxentina), ditáronse unhas novas Cartas Patentes en 1917, esta vez excluíndo a zona ao oeste do meridiano 50° O ao norte do paralelo 58° S.

O territorio inclúe parte da Terra de Coats, a Península Antártica, as Illas Orcadas do Sur, as Shetland do Sur, a Illa Alexandre I e moitas outras.

O territorio foi declarado "Dependencia das Illas Malvinas".

Actualmente o Reino Unido considera esta rexión como Territorio británico de ultramar, separado das Malvinas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] (en inglés)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Territorio_Antártico_Británico&oldid=4873530"