Tesouro de Bedoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Tesouro de Bedoya
Arracadas do "Tesouro Bedoya", expostas no Museo de Pontevedra..jpg
Arracadas barquiformes decoradas con filigrana e granulado, ademais de posibles motivos de "moscas" ou "abellas"
Data da descuberta Anos 1940
Exposto Museo de Pontevedra
Web museo.depo.es

O tesouro de Bedoya é un conxunto de pezas de ouro e prata atopadas en Ferrol e conservadas no Museo de Pontevedra.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome do tesouro vén dado polo apelido da familia Bedoya que o atopou descoñecéndose o lugar exacto do seu achado ou procedencia. Foi atopado na década de 1940 nunha eira no lugar da Chousa, na parroquia de Doniños. Francisco Bedoya Fojo mandou limpar a leira, e o servente atopou un pequeno caldeiro de bronce con algo que brillaba no interior. O atopado foi gardado durante 10 anos no faiado da casa. O tesouro foi amosado a Filgueira Valverde, entón Director do Museo de Pontevedra, que certificou a súa autenticidade. O 12 de outubro de 1953 o tesouro foi mercado polo Museo de Pontevedra por 30.000 pesetas.

Descrición[editar | editar a fonte]

O tesouro está formado por pezas de ouro de orixe castrexa e por aneis e moedas de ouro e prata da época romana:

  • Un diadema de ouro;
  • Dúas arracadas de ouro, de tipo arriñonado;
  • Dúa arracadas de ouro, de tipo laberintiforme;
  • Un anel signatario de ouro, con entalle;
  • Un anel de ouro, cunha pedra (ametista) engarzada;
  • Dous áureos, datados entre os anos 54 e 85 despois da era actual;
  • Vinte e sete denarios de prata, datados entre os anos 63 antes da era actual a 91 despois da actual;
  • Un caldeiro de bronce, o que contiña o tesouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tesouro_de_Bedoya&oldid=4054052"