Thutmose III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Thutmose III
Thutmosis III wien front.jpg
Nacemento1481 a. C.
Falecementoc. 11 de marzo de 1425 a. C.
SoterradoKV34
NacionalidadeAntigo Exipto
Ocupaciónestadista
PaiTutmés II
NaiIset
CónxuxeNebtu, Menhet, Menwi and Merti, Nebsemi, Satiah e Hatchepsut Meryt-Ra
FillosAmenemhat, Meritamen, Iset, Menkheperre, Beketamun, Amen-hotep II, Nebetiunet e Siamun
IrmánsNeferure
editar datos en Wikidata ]
Estatua de Thutmose III no Museo de Luxor

Thutmose III, reinou ca. 1479 ao 1425 a.C.[1], foi o sexto faraón da XVIII dinastía do Imperio Novo, considerado un dos máis grandes gobernantes do Antigo Exipto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thutmose III era fillo de Thutmose II e de Iset[2]. Ao morrer seu pai, asumiu o trono pero moi neno, exerceu o poder efectivo a Gran Esposa Real, Hatshepsut, que acabou proclamándose tamén faraón, compartindo durante vinte e dous anos teoricamente o poder, aínda que Thutmose tivo nesta época un papel secundario. Morta esta no ano 1458 a.C., iniciou a súa soberanía plena cunha campaña militar, dirixiuse cara ao Levante, para facer fronte a unha rebelión local en Kadesh, esmagando unha coalición formada por canaanitas, mitannis e a propia Kadesh , tras un alarde estratéxico, escollendo os pasos máis difíciles das montañas do Carmelo, na famosa batalla de Megiddo (1457 a.C.). Tras esta, cerca e toma a cidade, paso fundamental para o dominio de Siria e Fenicia. Asiria, Babilonia e os hititas amósanlle acatamento.

Tras estes triunfais comezos, desenvolveu múltiples vitoriosas campañas, salientando a primeira contra o imperio hurrita de Mitanni. Thutmose levou por terra a súa frota para cruzar por sorpresa o Éufrates e arrasar o país inimigo.

En varias ocasións tivo que sufocar rebelións en Siria, para o cal non dubidou en asaltar cidades e empobrecer ás poboacións privándoas do grao, que dos peiraos de Fenicia partía para Exipto, fornecendo o poderío exipcio. Tamén tivo que volver contra Mitani.

Nas derradeiras accións militares dirixiuse contra Nubia consolidando unha expansión territorial nunca acadada dende o Éufrates ata a cuarta fervenza. Foi tamén un soberano construtor, ordenou a elevación de máis de 50 templos. Salientan as súas intervencións en Karnak

Sucedeulle o seu fillo Amenhotep II..

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cline, Eric H. e O'Connor, David (2006) Thutmose III : A New Biography, University of Michigan Press, ISBN 0-472-11467-0, p. 1
  2. Tyldesley, Joyce (1996) Hatchepsut: The Female Pharaoh, Viking, pp.94-95.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Thutmose_III&oldid=4971664"