Tomás Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tomás Barros
Tomas Barros Pardo.jpg
Nacemento3 de febreiro de 1922
 Toledo
Falecemento3 de setembro de 1986
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e escritor
XénerosPintura, poesía, teatro
EstudosMaxisterio, Belas Artes
editar datos en Wikidata ]

Tomás Barros Pardo, nado en Toledo o 3 de febreiro de 1922 e finado na Coruña o 3 de setembro de 1986, foi un pintor e escritor galego.

Pintor, poeta, ensaísta, autor teatral, novelista, articulista, catedrático, e membro correspondente da Real Academia Galega, Tomás Barros é un dos intelectuais galegos máis prolíficos do extrañamento interior, grupo de intelectuais antifranquistas que non optaron polo exilio pero cos que compartiron inquedanzas e colaboracións, tal como sucedeu no caso de Barros con Luis Seoane, Rafael Dieste, Vicente Aleixandre, Celso Emilio Ferreiro ou seu primo Isaac Díaz Pardo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado accidentalmente en Toledo en 1922, a familia retorna en 1929 á cidade orixinaria dos seus pais, Ferrol, onde residirá o resto da súa infancia e adolescencia. Tras estudar Maxisterio en Santiago de Compostela, marcha a Madrid en pos da licenciatura en Belas Artes da academia de San Fernando. Durante máis de trinta anos exercerá a Cátedra de Debuxo e Expresión Plástica na escola de Maxisterio de A Coruña, compaxinando a docencia ca creación artística ata o final dos seus días.

A súa actividade literaria desprégase dende os inicios da década dos 50, ca publicación da súa primeira obra poética en 1950 baixo o título de Gárgolas, e a fundación en 1952 da revista de poesía e crítica literaria Aturuxo, xunto ós ferroláns Mario Couceiro e Miguel C. Vidal. O longo da década Barros publica sucesivas obras poéticas e teatrais, así como unha crecente produción ensaística en periódicos e revistas. En 1975 funda a revista de poesía Nordés xunto a Luz Pozo Garza, e en 1973 acada o Premio Internacional de Poesía do Círculo de Escritores y Poetas Iberoamericanos de Nueva York. Nos 80, a produción literaria de Barros inclúe varias pezas dramáticas e abundantes artigos periodísticos e de ensaio.

A súa produción pictórica, de crecente tendencia abstractiva a partir da década dos 60, caracterízase por unha preocupación polo ritmo, a forma e o color manifesta polo propio artista en varios dos seus ensaios.

O 27 de outubro de 2017 os fillos de Sara Cao e Tomás Barros doaron á Real Academia Galega todo o arquivo do autor (escritos, manuscritos, correspondencia, recortes de prensa, borradores, gravacións, orixinais de libros etc) co fin de garantir a súa divulgación entre os investigadores e na sociedade en xeral. A institución comprométese a conservar toda a documentación, a preservar a súa unidade e a facilitar a súa consulta e difusión.

Obra escrita en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Tres pezas de teatro, 1981, Edicións do Castro.
  • A casa abandoada, 1985.
  • Fausto, Margarida e Aqueloutro, 1993, Edicións do Castro.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.

Obra escrita en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Gárgolas, 1950, Benito Soto.
  • El helecho en el tejado, 1957.
  • La estrella y el cocodrilo, 1960, Ferrol.
  • Los ojos de la colina, 1963, Bilbao.
  • A imagen y semejanza, 1973, CLA, Bilbao.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Panteón familiar, 1956.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • El rastro invisible, 1990, Edicións do Castro.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Los procesos abstractivos del arte contemporáneo, 1965, Edicións do Castro.
  • Sobre el origen de la corteza en los astros, 1973.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • IRIZARRY, Estelle e POZO GARZA, Luz: Estudios sobre la obra de Tomás Barros, Universidade da Coruña, 1992.
  • LOPEZ GARCÍA, Antía: Tomás Barros. Tal vez unha sede de luz, Biblioteca Ferrolterra, 2001.
  • McDERMID, Paul: "Tomás Barros and his Faust: Love, Mystery and Synchronicity", en Galicia 21, 2011

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tomás_Barros&oldid=5134519"