Tomás Rodríguez Sabio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tomás Rodríguez Sabio
Nacemento 1901
  A Coruña
Falecemento 8 de xullo de 1949
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación empresario e político
editar datos en Wikidata ]

Tomás Rodríguez Sabio, nado na Coruña cara 1901 e finado na mesma cidade o 8 de xullo de 1949[1], foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da Irmandade da Fala da Coruña, participou na Asemblea de Lugo e publicou algúns textos literarios de corte nacionalista. En marzo de 1920 marchou á Habana[2], onde traballou como interventor na sucursal dun banco, foi un dos membros fundadores da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana en 1920,[3] e colaborou en Galicia e Nós. Regresou a Coruña en 1923 e foi representante en Galicia da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana. En 1923 foi elixido secretario da Irmandade da Fala da Coruña e nomeado secretario de redacción de A Nosa Terra. En 1925 instalouse en Vigo como administrador de El Pueblo Gallego. A finais de 1926 marchou a Arxentina, onde foi xerente da adega Bodegas y Viñedos Giol. Retornou a Galicia millonario en 1935. Ingresou en Renovación Española. En 1937 foi nomeado presidente do Consello de administración da fábrica de tecidos La Primera Coruñesa, que puxo a disposición dos sublevados.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Sánchez Suárez en 1925[4], e foi pai de Tomás e Enrique Rodríguez-Sabio Sánchez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 9-7-1949, p. 2, 5.
  2. La Voz de Galicia, 21-3-1920, p. 2, 5.
  3. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo:Xerais, p. 299.
  4. El Ideal Gallego, 13-8-1925, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tomás_Rodríguez_Sabio&oldid=4727080"