Tomás Santoro Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tomás Santoro Iglesias
Tomás Santoro Iglesias 1933.jpg
 Vigo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Tomás Santoro Iglesias, nado en Vigo, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio dos Xesuítas de Vigo. Na época da República pertencía á Asociación Católica Nacional de Propagandistas, participou como orador en actos da Unión Regional de Derechas e foi presidente das Juventudes de Acción Popular de Pontevedra en 1935[1]. No franquismo foi notario do Porriño dende 1942 e presidente da xunta diocesana de Acción Católica[2]. En 1968 foi nomeado notario de Vigo[3].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Teresa García de la Parra González e foi pai de Tomás Santoro García de la Parra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 2-7-1935, p. 14.
  2. El Pueblo Gallego, 17-5-1958, p. 4.
  3. El Pueblo Gallego, 26-5-1968, p. 14.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tomás_Santoro_Iglesias&oldid=4978504"