Toro, Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°31′34″N 05°23′41″O / 41.52611, -5.39472

Toro, Zamora
Coat of Arms of Toro (Zamora).svg
Localización
Localización Municipio Toro Zamora.png
PaísEspaña España
Comunidade autónomaFlag of Castile and León.svg Castela e León
ProvinciaZamora
ComarcaAlfoz de Toro
Xeografía
Altitude740 msnm
Superficie324,79 km²
Demografía
Poboación9.748 hab. (2010)
Densidade30,01 hab/km²
XentilicioToresano/a o cermeño/a
Outros datos
Código postal49800
AlcaldeJesús Andrés Sedano Pérez (PP)
http://www.toroayto.es/
Colexiata de Santa María A Maior.

Toro (en galego antigo: Touro[1]) é un municipio da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localízase no noroeste da Península Ibérica. Ao pé da cidade discorre o río Douro, que pode verse desde a atalaia que ocupa a cidade. Tamén percorren o seu termo o río Guareña e o río Hornija, xunto con outros regatos de menor importancia. O concello é un dos máis extensos da provincia.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Idade Antiga, a cidade (propiedade do pobo vacceo) era coñecida co nome de Albocela ou Arbucala. Durante a invasión romana da Península, levantouse xunto a Toro un campamento romano para o ataque de astures e cántabros.

Segundo o bispo Sampiro, cronista do rei Afonso III, Toro forma parte dunha repoboación no ano 899, co propósito de evitar que fose reconquistada polas tropas musulmás. Así, o repoboamento trasladou xente "prescindible" ou "excedente" das cidades. Na Idade Media, Toro converteuse nunha das cidades máis prósperas do Reino de León, grazas ao seu viño. A comarca tiña bastante produción vinícola e atribúese ao rei Afonso IX de León a frase "Teño un Toro que me da viño e un León que mo bebe".

En 1476, os partidarios da raíña Isabel a Católica subleváronse contra os lusos de Xoana a Beltranexa que ocupaban a vila.

Durante 400 anos, Toro foi unha das 17 vilas e cidades españolas con dereito a voto en Cortes, ocupando o lugar 12º, despois de Zamora e antes de Madrid.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Touro de pedra de orixe vacceo.
  • Restos das murallas que protexeron a cidade.
  • Teatro Latorre.
  • Ponte do século XV.
  • Colexiata de Santa María a Maior, do século XII (que á súa vez conta co Pórtico da Maxestade), rómanica e gótica. Na sancristía está o famoso cadro de A mosca, así como un Calvario de marfil único en España e unha custodia de prata que estivo en Londres ata hai poucos anos.
  • Igrexas de orixe mudéxar
    • San Salvador dos Cabaleiros
    • San Lourenzo o Real
    • restos da San Pedro do Umeiro
    • Santa María da Vega.
  • Arco do reloxo, do século XVIII. Di unha lenda que na argamasa para a súa construción empregouse viño en lugar de auga, pola grande cantidade que se producía e ser máis económico que subilo auga do río Duero.
  • Mosteiro de Santa Sofía, edificio gótico-renacentista que acolle unha comunidade de monxas cóengas norbertinas premonstratenses.
  • Mosteiro de Sancti Spiritus. Nel se encontra o Beatriz de Portugal, raíña consorte de Castela e León.
  • Praza de touros construída en 1828 en madeira. Reinaugurada en xullo de 2010.
  • Igrexa de San Xulián dos Cabaleiros.
  • Igrexa de Santo Tomás Canturianense.
  • Igrexa do Santo Sepulcro.
  • Alcázar de Toro.
  • Hospital da Cruz.

Demografía[editar | editar a fonte]

  • Evolución demográfica de Toro desde 2000 ata 2007
1900 1920 1940 1960 1981 2001 2010
8.187 7.819 8.260 10.457 9.765 9.282 9.748

Política[editar | editar a fonte]

O alcalde dende 1999 é don Jesús Andrés Sedano Pérez (PP). O anterior alcalde foi o socialista Agustín Asensio (alcalde no período 1991-1999).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Touro". Dicionario de dicionarios do galego medieval. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Toro,_Zamora&oldid=4379520"