Tránsito de Mercurio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O tránsito de Mercurio é o paso, observado dende a Terra, deste planeta por diante do Sol. A aliñación destes tres astros (Sol, Mercurio e Terra) prodúcese por ter Mercurio un período orbital menor que o da Terra, e produce un efecto que, dende a Terra, só é comparable co tránsito de Venus. Neste efecto, Mercurio vese (por medio de telescopios ou outra amplificación, pois é demasiado pequeno o planeta e perigosa a luz solar para velo a ollo nu) como unha pequena mancha negra que vai trasladándose sobre a superficie solar. Como Mercurio ten a órbita nun plano diferente ó da eclíptica do noso planeta (7° de diferenza) fai que este fenómeno só ocorra unha vez cada varios anos.

Tránsito de Mercurio, en 2006. Ver que as manchas solares aparecen moito maiores que o planeta.

Para que o tránsito se produza, fai falla que a Terra estea preto dos nodos da órbita. A Terra atravesa cada ano a liña dos nodos da órbita de Mercurio o 8-9 de maio e o 10-11 de novembro. Se nesa data coincide unha conxunción inferior, é dicir, Mercurio más próximo á Terra que o Sol, haberá tránsito. Hai certa periodicidade neste fenómeno, aínda sobmetido a regras das que deriva unha relación temporal complexa. É claro que ten que ser múltiplo do período sinódico. Mercurio soe transitar o disco solar, de media, unhas 13 veces cada século, en intervalos de 3, 7, 10 e 13 anos.

O día 9 de maio de 2016 foi visible de xeito teórico (nubosidade) dende Galicia un tránsito, dende as 13:20 ás 20:40 horas (hora oficial en España)

Para ver o tránsito[editar | editar a fonte]

Mirar o tránsito a ollo nu é perigoso, pois implica o mirar directamente ó Sol, o que fai que a retina se queime ós poucos segundos. Ademais, e como o tamaño aparente de Mercurio é moi pequeno, os filtros e lentes especiais para ver eclipses resultan inservibles. Para afeccionados proponse a proxección nunha pantalla cun telescopio equipado cun filtro solar, o que permite ver unha imaxe ampliada do Sol e evita riscos.[1]

Tránsitos na historia[editar | editar a fonte]

Os pasos de Mercurio polo disco solar nos séculos XX e XXI son os seguintes:

12 de novembro de 1907 7 de novembro de 1914 7 de maio de 1924 10 de novembro de 1927
11 de maio de 1937 12 de novembro de 1940 14 de novembr de 1953 5 de maio de 1957
6 de novembro de 1960 9 de maio de 1970 10 de novembro de 1973 12 de novembro de 1986
6 de novembro de 1993 15 de novembro de 1999 7 de maio de 2003 8 de novembro de 2006
9 de maio de 2016 11 de novembro de 2019 13 de novembro de 2032 7 de novembro de 2039
7 de maio de 2049 9 de novembro de 2052 10 de maio de 2062 11 de novembro de 2065
14 de novembro de 2078 7 de novembro de 2085 8 de maio de 2095 10 de novembro de 2098
Trásitos de Mercurio, en detalle
Tránsitos de Mercurio
Data do momento medio do tránsito Hora (UTC) Notas
Comezo Medio Fin
7 de novembro de 1631 Observado por Pierre Gassendi.
13 de novembro de 1651 Observado por Jeremy Shakerly en Surat, informado en carta a Henry Osbourne en xaneiro de 1652. Pénsase que Shakerly morreu na India arredor de 1655.[2]
3 de maio de 1661 O día da coroación de rei Carlos II de Inglaterra. Observado por Christiaan Huygens en Londres.
7 de novembro de 1677 Observado por Edmund Halley en Santa Helena, Richard Towneley en Lancashire, Jean Charles Gallet en Avignon; segundo a carta de John Flamsteed a Johannes Hevelius o 23 de maio de 1678 [3]
5 de novembro de 1743 Para velo en toda a Terra, foron organizadas observacións científicas, coordinadas pro Joseph-Nicolas Delisle.
6 de maio de 1753  
9 de novembro de 1769 23:09 Observado por Charles Green e James Cook dende Mercury Bay (Nova Celandia).[4] Anotouse que Mercurio ou ben non tiña atmosfera ou a tiña moi tenue.
9 de novembro de 1802 06:16 08:58 11:41 Observado por William Herschel en Inglaterra[5]
12 de novembro de 1815 00:20 02:33 04:46  
5 de novembro de 1822 01:04 02:25 03:45  
5 de maio de 1832 09:04 12:25 15:47  
7 de novembro de 1835 17:35 20:08 22:41  
8 de maio de 1845 16:24 19:37 22:49  
9 de novembro de 1848 11:07 13:48 16:28  
12 de novembro de 1861 05:21 07:19 09:18  
5 de novembro de 1868 05:28 07:14 09:00  
6 de maio de 1878 15:16 19:00 22:44  
7 de novembro de 1881 22:19 00:57 03:36  
9 de maio de 1891 23:57 02:22 04:47  
10 de novembro de 1894 15:58 18:35 21:11  
14 de novembro de 1907 10:24 12:07 13:50  
7 de novembro de 1914 09:57 12:03 14:09  
8 de maio de 1924 21:44 01:41 05:38  
10 de novembro de 1927 03:02 05:46 08:29  
11 de maio de 1937 08:53 08:59 09:06 Só visible como tránsito parcial no sur de África e Asia e en Australia Occidental.
11 de novembro de 1940 20:49 23:21 01:53  
14 de novembro de 1953 15:37 16:54 18:11  
6 de maio de 1957 23:59 01:14 02:30  
7 de novembro de 1960 14:34 16:53 19:12 [6]
9 de maio de 1970 04:19 08:16 12:13 [7]
10 de novembro de 1973 07:47 10:32 13:17 [8]
13 de novembro de 1986 01:43 04:07 06:31 [9]
6 de novembro de 1993 03:06 03:57 04:47 [10]
15 de novembro de 1999
Transit of Mercury November 15 1999 path across sun.png
21:15 21:41 22:07 [11] Tránsito parcial en Australia, a Antártida e a illa sur de Nova Celandia.
7 de maio de 2003 05:13 07:52 10:32 [12]
8 de novembro de 2006
Transit of Mercury, 2006-11-08 2.jpg
19:12 21:41 00:10 [13]
9 de maio de 2016
Transit of Mercury May 9 2016 path across sun.png
11:12 14:57 18:42 [14] Vese completo en Sudamérica, este de Norteamérica, Europa Occidental. No resto do planeta, de xeito parcial (coincidindo co amencer ou o anoitecer) excepto en Australia e extremo oriente.
Transit of Mercury May 9 2016 Orientation of Earth.png
11 de novembro de 2019
Transit of Mercury November 11 2019 path across sun.png
12:35 15:20 18:04 Transit of Mercury November 11 2019 Orientation of Earth.png
13 de novembro de 2032 06:41 08:54 11:07  
7 de novembro de 2039 07:17 08:46 10:15  
7 de maio de 2049 11:03 14:24 17:44  
9 de novembro de 2052 23:53 02:29 05:06  
10 de maio de 2062 18:16 21:36 00:57  
11 de novembro de 2065 17:24 20:06 22:48  
14 de novembro de 2078 11:42 13:41 15:39  
7 de novembro de 2085 11:42 13:34 15:26  
8 de maio de 2095 17:20 21:05 00:50  
10 de novembro de 2098 04:35 07:16 09:57  
12 de maio de 2108 01:40 04:16 06:52  

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Observación do tránsito de Mercurio". Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. 5 de maio de 2016. Consultado o 6 de maio de 2016. 
  2. Chapman, A. (1985), Transactions of the Historical Society of Lancashire and Cheshire Volume 135 pp 1–14
  3. Eric G. Forbes et al. (1995), Correspondence of John Flamsteed Volume 1, Institute of Physics Publishing, p. 624-627
  4. Wayne Orchiston 1994, James Cook and the 1769 Transit OF Mercury, Carter Observatory ISSN 1173-7263 http://www.transitofvenus.co.nz/docs/CarterObservatoryInfo3.doc Arquivado 14 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
  5. Magazine of Popular Science, and Journal of the Useful Arts, Volume 3 p.154
  6. "1960 Transit of Mercury". HM Nautical Almanac Office. UK Hydrographic Office. 5 de novembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  7. "1970 Transit of Mercury". HM Nautical Almanac Office. UK Hydrographic Office. 5 de novembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  8. "1973 Transit of Mercury". HM Nautical Almanac Office. UK Hydrographic Office. 5 de novembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  9. "1986 Transit of Mercury". HM Nautical Almanac Office. UK Hydrographic Office. 5 de novembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  10. "1993 Transit of Mercury". HM Nautical Almanac Office. UK Hydrographic Office. 5 de novembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  11. "1999 Transit of Mercury". HM Nautical Almanac Office. UK Hydrographic Office. 5 de novembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  12. "2003 Transit of Mercury". HM Nautical Almanac Office. UK Hydrographic Office. 5 de novembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  13. "2006 Transit of Mercury". HM Nautical Almanac Office. UK Hydrographic Office. 5 de novembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  14. "The Transit of Mercury on 2016 May 9". Consultado o 7 de xuño de 2012. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tránsito_de_Mercurio&oldid=4874479"