Traizón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Unha ilustración do século XVII de Guy Fawkes. Guy Fawkes intentou asasinar a Xacobo I de Inglaterra e VI de Escocia. Fracasou e foi condenado por traizón e a ser aforcado, arrastrado e desmembrado.

En Dereito, a traizón[1][2] refírese a un conxunto de crimes que engloban os actos máis extremos en contra do país de cada un.

Familiarmente, a traizón consiste en defraudar a familia, amigos, grupo étnico, relixión, ou outro grupo ao cal poida pertencerse, facendo o contrario ao que os outros esperan. A miúdo, cando se acusa de traidor, tales acusacións son controvertidas e disputadas, cando a persoa non pode identificarse co grupo do cal é membro, ou do contrario está en desacordo cos líderes do grupo que fan o cargo.

Dimensión xurídica[editar | editar a fonte]

En termos legais, a traizón consiste nunha conduta desleal cara a nación. Cada estado determina taxativamente para si os actos que implican o crime de traizón, algúns dos máis tipificados son:

  • Sublevarse ou incitar a outros a sublevarse contra a autoridade do estado.
  • Conspirar contra o goberno, intento de golpe de estado.
  • Asasinato ou intento de asasinato de altas autoridades do estado.
  • Pensar ou difundir ideas contrarias a orde estabelecida polo estado.
  • Terrorismo.
  • Colaborar ou asociarse con estados declarados "non gratos" ou inimigos da nación.
  • Cooperar ou colaborar con outras nacións durante período de estado de guerra.
  • Evasión fiscal

España[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Delito de traizón (España).

No Dereito español, o Código Penal recolle os delitos de traizón no Capítulo I do Título XXIII (artigos 581 a 588).

Dimensión política[editar | editar a fonte]

Politicamente, o termo "traidor" foi usado como un epíteto entre disidentes dun mesmo partido ou entre membros de distintos partidos para anular o capital político alleo. Tamén se recorre, de forma máis xenérica, a cualificar de traidores a funcionarios no poder que son percibidos como incumpridores dos deberes públicos prescritos polo estado, con independencia de que se poida verificar ou probar algunha acción traizoeira.

Nunha guerra civil ou insurrección, os gañadores poden xulgar aos perdedores como traidores. De feito, na práctica, unha das condicións para enfrontarse a un xuízo por traizón é atoparse no bando perdedor. Por exemplo: Bruto, Quisling, Petain ou Sadam Hussein tivesen sido homenaxeados como heroes se tivesen vencido e Gunga Din, Bolívar, Stephen F. Austin ou La Malinche terían sido axustizados co cargo probado de traizón, se tivesen pertencido ao bando derrotado.

En certos casos, como na lenda da puñalada polas costas o Dolchstoßlegende, a acusación de traizón cara a amplos sectores da sociedade constituíu unha mensaxe política unificadora para o grupo que a sostiña e a criminalización de quen a padeceron, os xudeus e esquerdistas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Traizón&oldid=4415970"