Tratado de Lisboa (2007)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unión Europea
EU Insignia.svg

Este artigo forma parte da serie:
Política e gobernoda Unión Europea


Tratados
Bruxelas · Roma · Maastricht ·
Acta Única Europea
Ámsterdam · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

Jean-Claude Juncker


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

O Tratado de Lisboa de 2007, tamén coñecido como tratado da Reforma, é o acordo da Unión Europea que regula o seu comportamento interno. Substituirá os tratados de Maastricht e de Roma, vixentes ata daquela, e recolle boa parte das propostas que presentaba a Constitución europea, que non fora aprobada polos cidadáns dalgúns países formantes. O Tratado foi asinado o 13 de decembro de 2007 en Lisboa.

Historia[editar | editar a fonte]

Proceso de ratificación      referendo obrigatorio      referendo posible      ratificación parlamentaria

Logo da derrota da Constitución Europea nos referendos francés e neerlandés, así como o posible rexeitamento noutros estados membros, obrigou os países europeos a aparcar o texto. Dous anos despois, a presidencia alemá do Consello da Unión promoveu a redacción dun novo documento, que viñese substituír parcialmente o texto constitucional, que acadase un maior consenso entre os gobernos e que completase o proceso de reforma institucional iniciado tras a ampliación a 25 membros. Este texto presentouse o 19 de maio de 2007.

Portugal, que asumiu a presidencia na segunda metade de 2007, propuxo unha conferencia intergobernamental os días 23 e 24 de xullo, para acabar a redacción do texto, coincidindo coa xuntanza dos ministros de exteriores. O novo tratado presentouse publicamente no cumio do 18 de outubro no mosteiro dos Xeromes de Lisboa e foi asinado por todos os presidentes de goberno dos 27 países o 13 de decembro, agás polo británico Gordon Brown, que foi substituído polo seu ministro de Exteriores David Miliband. O tratado deberá ser ratificado polos estados membros ao longo do ano 2008, e se fose así, entraría en vigor o 1 de xaneiro de 2009. Esa ratificación será unicamente parlamentaria en 25 estados, mentres que necesitará dun referendo en Irlanda e tal vez en Portugal.

Características[editar | editar a fonte]

Ceremonia de firma do Tratado de Lisboa.

Con respecto ao tratado constitucional, o tratado de Lisboa ten unha diferenza fundamental: non é unha proposta orixinal, senón unha emenda dos dous tratados vixentes ata o 2007, o de Maastricht e o de Roma.

A este respecto, as principais diverxencias con estes tratados anteriores son:

  • Adopta como norma a Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, que se deberá aplicar en todos os países agás en Polonia e no Reino Unido.
  • A presidencia do Consello deixa de ser rotatoria por quendas de seis meses entre os estados membros, e será exercida por un presidente único, por un período de dous anos e medio. Ese presidente será elixido por pacto entre os líderes dos estados.
  • A Comisión Europea redúcese en tamaño a partir de 2014, e non estará obrigada a recoller un comisario por estado.
  • Créase a figura do presidente do Eurogrupo, que coordinará a acción dos ministros de Economía dos estados integrados na zona euro.
  • Un novo posto, chamado Alto Representante de Asuntos Exteriores e Política de Seguridade substituirá e combinará a acción do Alto Representante para a Política Exterior e de Seguridade Común e do comisario de exteriores, que ademais será vicepresidente da comisión.
  • Redistribuiranse os votos (e o número de europarlamentarios, que aumenta a 751) entre os estados membros. Para que unha decisión sexa aprobada cumprirá, cando menos, o 55% dos votos, que ademais deberán representar o 65% da poboación. Esta medida entrará en vigor en 2014.
  • Redúcense as posibilidades de veto en 40 áreas e concédeselle máis poderes á Comisión Europea, ao Parlamento Europeo e ao Tribunal Europeo de Xustiza.
  • Dáselle personalidade legal á Unión Europea para asinar acordos internacionais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tratado_de_Lisboa_(2007)&oldid=4911640"