Trieste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 45°38′N 13°48′L / 45.633, -13.800

Trieste
Trst
Free Territory Trieste Flag.svg
Free Territory of Trieste coat of arms.svg
Trieste collage.jpg
Imaxes da cidade.
Localización
Trieste en Italia
Trieste
Trieste
PaísItalia Italia
RexiónFriúl-Venecia Xulia
ProvinciaProvincia de Trieste
Xeografía
Altitude2 msnm
Superficie84,49 km²
Demografía
Poboación204 849 hab. (2013)
Densidade2.400 hab/km²
XentilicioTriestino
Outros datos
Código postal34100
AlcaldeRoberto Dipiazza (FI)
Páxina oficial de Trieste

Trieste[1] (en esloveno: Trst) é unha cidade italiana, capital da rexión de Friúl-Venecia Xulia, na fronteira con Eslovenia. É capital da provincia homónima e no 2013 tiña 204 849 habitantes.[2]

Economía[editar | editar a fonte]

Sede do consistorio municipal de Trieste.

Trieste ten un porto de notables dimensións con diferentes terminais. Ten especial importancia o tráfico de contedores, sendo a principal porta europea dos produtos turcos, grazas ao sistema de tráfico Ro-Ro co país euroasiático. Tamén son relevantes os movementos de café (un terzo das importacións nacionais) e a terminal petrolífera, da que parte o oleoduto transalpino, que abastece Austria, Baviera e a República Checa. No tráfico de pasaxeiros está en aumento a actividade cruceirística.

En relación ás actividades económicas relacionadas co porto, en Trieste ten a súa sede central a empresa de construción naval de propiedade pública Fincantieri e tamén Italia Marítima, unha compañía de navegación do grupo Evergreen. No sector industrial, destaca o sector da mecánica industrial e naval, a metalurxia e a alimentación.

O 90% de todas as industrias e boa parte das artesanais encóntranse na zona industrial dos vales de Zaule e Noghere, a cabalo entre os concellos de Trieste, Muggia e Dolina, xa en San Dorligo della Valle, administrada pola EZIT (Ente para a Zona Industrial de Trieste).

É moi importante para Trieste a achega económica da investigación científica e o sector terciario. A cidade é sede de varias compañías de seguros.

Na zona de Trieste está en discusión a construción dunha ou dúas plantas regasificadoras: unha en terra, na zona de Zaule, e outra mar adentro, no Golfo de Trieste.[Cómpre referencia]

Trieste, cidade multiétnica[editar | editar a fonte]

Trieste é un cruzamento de culturas e relixións, consecuencia da súa posición xeográfica de fronteira e das vicisitudes históricas que a fixeron punto de encontro de moitos pobos e culturas. Na cidade de Trieste actualmente están presentes xunto aos italianos e a minoría eslovena que goza de recoñecemento oficial numerosos grupos étnicos minoritarios (croatas, serbios, romaneses, gregos, alemáns e grupos de recente asentamento como os albaneses, chineses, africanos e suramericanos.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para triestino.
  2. National Institute of Statistics (Italy), ed. (19 de setembro de 2011). "Total Resident Population on 1st January 2011 by sex and marital status. Province: Trieste". Consultado o 29 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Trieste&oldid=4264473"