Tristan Tzara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tristán Tzara")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Tristan Tzara
Tristan Tzara.jpg
Nome completo Samuel Rosenstock
Nacemento 16 de abril de 1896
  Moinești
Falecemento 25 de decembro de 1963
  París
Soterrado Cemiterio de Montparnasse
Nacionalidade Francia
Etnia Pobo xudeu
Ocupación colecionador de arte, poeta, escritor, diplomático, director de cine, tradutor, dramaturgo, ensaísta, compositor, músico, performance artist e crítico literario
Cónxuxe Greta Knutson-Tzara
Coñecido/a por Handkerchief of Clouds
editar datos en Wikidata ]
Tristán Tzara por Lajos Tihanyi.
Tumba de Tristán Tzara.

Samuel Rosenstock, nado en Moineşti o 16 de abril de 1896 e finado en París o 25 de decembro de 1963, foi un escritor francés de orixe romanesa, máis coñecido polo pseudónimo de Tristan Tzara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu case toda a súa vida en Francia. Foi un dos autores máis importantes do movemento Dada, que fundou xunto con Hans Arp e Hugo Ball, unha corrente revolucionaria na literatura que anticipou as actitudes do surrealismo.

O movemento dadaísta orixinouse en Zürich , durante a I Guerra Mundial; Tzara escribiu os primeiros textos Dadá — La Première Aventure céleste de Monsieur Antipyrine ("A primeira aventura celeste do señor Antipyrine", 1916) e Vingt-cinq poèmes (1918), así como os manifestos do movemento: Sept manifestes Dada ("Sete manifestos Dadá", 1924). En París organizou, cos seus compañeiros de movemento, espectáculos na rúa cheos de absurdismo para épater le bourgeois, "escandalizar a burguesía", e deulle un poderoso impulso á escena dadaísta.

A finais de 1929 embarcouse no daquela recentement inaugurado movemento surrealista de André Breton, Louis Aragon e outros autores; dedicou grandes esforzos a intentar conciliar as doutrinas filosóficas nihilistas e sofisticadas do movemento coa súa propia afiliación marxista. Participou activamente no desenvolvemento dos métodos de escritura automática, entre eles o collage e o cadáver exquisito. Desa época data o seu libro L'Homme approximatif ("O home aproximado", 1931).

Durante a II Guerra Mundial incorporouse á resistencia francesa; tras obter a cidadanía en 1947, afiliouse ao Partido Comunista Francés. A súa militancia estenderíase ata 1956, cando, tras a invasión de Hungría polas tropas sovéticas para apagar a revolta popular, apartouse do partido. A súa obra da época é complexa, aínda que máis convencional que na súa xuventude; nela salientan Parler seul ("Falar só", 1950) e La face intérieure ("A face interior", 1953).

Morreu en decembro de 1963 en París, e foi enterrado no cemiterio de Montparnasse.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La première aventure céléste de Mr Antipyrine (A primeira aventura celeste do Sr. Antipyrine), 1916
  • Vingt-cinq poèmes, 1918
  • Primeiro manifesto dadá, 1918
  • "Anthologie Dada" (15 maio 1919) Dada (4/5)[1]
  • Cinéma calendrier du coeur abstrait (Cinema calendario do corazón abstraído), 1920
  • Sept manifestes dada (Sete manifestos dadá), 1924
  • De nos oiseaux, Poèmes (Sobre os nosos paxaros), 1929
  • L'homme approximatif (O home aproximado), 1931
  • Où boivent les loups (Onde beben os lobos), 1933
  • Midis gagnés: poèmes (Mediodías gañados), 1939
  • Le Surréalisme et l’Après-guerre, 1947
  • Entre-temps, 1946
  • La fuite : poème dramatique en quatre actes et un épilogue, 1947
  • Le Fruit permis: poèmes, 1947
  • Parler seul (Falar só), 1950
  • La face intérieure (A face interior), 1953
  • La Rose et le chien (A rosa e o can), 1958

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sanouillet, Michel (2005). "Bibliographie". Dada à Paris. CNRS. pp. 574–629. ISBN 9782271091277. doi:10.4000/books.editionscnrs.8835. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tristan_Tzara&oldid=4733613"