Tupaziya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tupaziya foi unha cidade hitita na Terra Baixa Hitita, na zona chamada do monte Ammuna, que foi invadida e ocupada por Arzawa sobre o -1345. Os de Arzawa pasaron a seguir por un lago (probabelmente o Lago do Sal) e chegaron a Tawunuwa, pero serían derrotados por Suppiluliumas I nunha das súas primeiras campañas como rei.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tupaziya&oldid=4811521"