Turks e Caicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illas Turks e Caicos
Turks and Caicos Islands
Bandeira das Turks e Caicos
Escudo das Turks e Caicos
BandeiraEscudo
Turks and Caicos Islands in United Kingdom (special marker).svg
Lema: One People, One Nation, One Destiny [1]
(galego: «Un pobo, unha nación, un destino»)
Himno: God Save the Queen
Capital
 • Poboación
Cockburn Town
n/d
Cidade máis poboadaCockburn Town
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoTerritorio de Ultramar
Xefe de Estado
Gobernador xeral
Isabel II do Reino Unido
John Freeman
SuperficiePosto 203º
 • Total430 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km
Costas389 km
 • Total (2003 est.)19 500 hab.
 • Densidade45 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
MoedaDólar estadounidense (USD)
IDHn/d
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC -5
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.tc
Prefixo telefónico+1-649
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO796 / TCA / TC
Membro de: CARICOM, Commonwealth

As Illas Turks e Caicos (en inglés Turks and Caicos Islands) son un territorio de ultramar dependente do Reino Unido e están situadas ao norte da illa A Española, onde se atopan Haití e A República Dominicana, en augas do océano Atlántico. Ata o ano de 1962 eran administradas por Xamaica, pero ao conseguir esta a súa independencia pasaron a depender do Gobernador Xeral das illas Bahamas. Cando as Bahamas conseguiron a súa independencia en 1973 pasaron a constituírse como un territorio á parte e aínda que no ano de 1982 o Reino Unido concedeulles a independencia as illas deron marcha atrás e preferiron seguir gobernadas como un territorio dependente da coroa británica.

Desde o 11 de xullo de 2005 o gobernador (designado por Isabel II do Reino Unido) das illas é Richard Tauwhare, quen actúa de facto como xefe de estado representando a raíña e supervisa os labores dun Consello Lexislativo composto por 19 membros (dos cales só 13 son electos) na cidade de Cockburn Town, a capital do territorio. O xefe de goberno é o Principal Ministro elixido, actualmente Michael Misick. A economía das illas depende do turismo, a pesca e dos investimentos estranxeiros non tributables. A poboación ascende a unhas 19.350 persoas das cales o 90% son de raza negra e o 86% practican o cristianismo protestante. A moeda de curso legal é o dólar estadounidense e desde o día 2 de xullo de 1991 as Illas Turcas e Caicos son membro asociado da Comunidade do Caribe.

Mapa das illas Turks e Caicos

División Administrativa[editar | editar a fonte]

As Illas Turcas e Caicos están compostas por seis distritos agrupados en dous grupos de illas: as illas Caicos e as illas Turcas.

Illas Caicos[editar | editar a fonte]

Illas Turcas[editar | editar a fonte]

As illas Turcas están divididas por dous distritos:

  • Caio Salt (Salt Cay), con cabeceira de distrito en Balfour Town
  • Illa Gran Turk (Grand Turk), con cabeceira de distrito en Cockburn Town, que é á vez capital das Illas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CARICOM". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 26 de abril de 2009. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Turks_e_Caicos&oldid=4956043"