UNPO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Organización das Nacións e Pobos Non Representados (coñecida en inglés coma Unrepresented Nations and Peoples Organization ou pola súa sigla UNPO) é unha organización internacional que reúne diversos grupos que representan nacionalidades que aspiran á independencia respecto dos estados que os ocupan. Os seus membros son pobos indíxenas, Estados non recoñecidos, minorías étnicas, territorios ocupados e demais grupos sen representación internacional.

Ten a súa sede central na Haia (Países Baixos). O seu actual secretario xeral é Mario Busdachin.

Principios[editar | editar a fonte]

A Carta da UNPO estabelece os cinco principios centrais da organización:

  • Non-violencia: os membros da UNPO deben resolver os seus conflitos de modo pacífico, rexeitando calquera uso do terrorismo
  • Autodeterminación: os integrantes concordan que os pobos teñen igual dereito ao auto-goberno
  • Democracia: as entidades presentes na UNPO deben necesariamente ser democráticas e tolerantes
  • Ambientalismo: o respecto ao medio ambiente é unha política obrigatoria
  • Dereitos humanos: as nacións da UNPO aceptan seguir os tratados e declaracións que protexen os dereitos do ser humano

Membros[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

  • Partido da Prosperidade Democrática (minoría albanesa de Macedonia do Norte)
  • Partido para a Democracia dos Albaneses en Macedonia (minoría albanesa de Macedonia do Norte).
  • Parlamento dos Tártaros de Crimea - Crimea.
  • Unión Democrática da Minoría Étnica Grega de Albania.
  • Alianza Democrática dos Húngaros de Romanía.
  • Comité Nacional para o Rexurdimento de Komi - Komi.
  • Liga Democrática de Kosovo - Kosovo.

Asia[editar | editar a fonte]

  • Goberno tibetano no exilio - Tíbet.
  • Goberno non recoñecido de Abkhasia.
  • Goberno da República de Baxcortostán[Cómpre referencia].
  • Goberno da República de Inguxetia[Cómpre referencia].
  • Goberno da República de Tatarstán.[1]
  • Goberno da República de Tuva[Cómpre referencia].
  • Estado non recoñecido de Chao Fa.
  • Estado non recoñecido de Karenni.
  • República non recoñecida de Molucas do Sur.
  • Partido Democrático Soldariedade - Ahwaz.
  • Alianza Universal Asiria - Asiria.
  • Fronte Nacional Chin - Chin.
  • Shanti Bahini - Chittagong.
  • Congreso Nacional Chuvax - Chuvax.
  • Asociación Internacional Circasiana - Circasia.
  • Alianza dos Pobos de Cordillera - Cordillera (Luzón).
  • Congreso Mundial Uigur - Turquestán Oriental.
  • Partido Popular da Mongolia Interior - Mongolia Interior.
  • Partido Democrático do Curdistán Iraní.
  • Partido Democrático do Curdistán.
  • Unión Patriótica do Curdistán.
  • Partido Nacional Turcomán.
  • Federación de Camboxa do Sur - Camboxa do Sur.
  • Movemento Popular Tenglik - Kumyk.
  • Movemento Nacional Mari - Mari.
  • Liga da Unidade Mon - Mon.
  • Fundación Montagnard - montagnards.
  • Consello Nacional Socialista de Nagalandia - Nagalandia.
  • Organización de Estados Shan - Shanlandia.
  • Instituto Mundial Sindhi - sindhis.
  • Movemento para o Espertar Nacional do Acerbaixán do Sur - Acerbaixán do Sur.
  • Fundación Taiwanesa para a Democracia - Taiwán.
  • Movemento Nacional Talix - talixes.
  • Consello Udmurt - Udmurt.
  • Partido Popular de Balochistán - Balochistán.

África[editar | editar a fonte]

  • Goberno non recoñecido de Somalilandia.
  • Asociación para a Promoción de Batwa - Batwa.
  • Mulleres Masai a prol da Educación e do Desenvolvemento Económico.
  • Organización Pastoral Para o Desenvolvemento Integral Mainyoito - masais.
  • Asociación de Propietarios Kitengela Ilparakuo - masais.
  • Movemento para a Sobrevivencia do Pobo Ogoni - ogonis.
  • Fronte de Liberación Oromo - Oromia.
  • Consello de Capitáns dos Bastardos de Rehobot - Bastardos de Rehobot.
  • Consello Nacional do Camerún do Sur - Camerún do Sur.
  • Alternativa Democrática de Zanzíbar - Zanzíbar.
  • Dabalorivhuwa - Vhavenda.

América[editar | editar a fonte]

  • Consello Interrexional Mapuche - mapuches.

Oceanía[editar | editar a fonte]

  • Comité Nacional para a Defensa dos Dereitos dos Negros (aborixes australianos).
  • Goberno provisional de Bougainville.
  • Ka Lahui Hawaii - Hawai.
  • Hiti Tau - Maohi.
  • Fronte Popular de Papúa Occidental - Papúa Occidental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unrepresented Nations and Peoples Organization (1997). Unrepresented Nations and Peoples Organization: yearbook. Martinus Nijhoff Publishers. p. 120. ISBN 9789041104397. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=UNPO&oldid=5063478"