Ulpiano Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ulpiano Villanueva
Ulpiano Villanueva de Castro - Pontedeume - 01.jpg
Nacemento1900
 Pontedeume
Falecemento31 de xaneiro de 1967
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Ulpiano Villanueva Castro, nado en Pontedeume en 1900 e finado en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 1967[1], foi un médico eumés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do agrarista Valeriano Villanueva. Estudou Medicina na Universidade de Santiago, doutorándose na mesma universidade en 1932. En 1935 gañou a Cátedra de Hixiene na Facultade de Medicina de Cádiz.

Posteriormente retornou á Facultade de Medicina de Santiago onde foi catedrático de Hixiene e Sanidade e Microbioloxía e Parasitoloxía, alternando a docencia coa publicación de numerosos estudos sobre as bacterias e as enfermidades infecciosas e co exercicio da medicina.

De talante liberal e humanitario, axudou a moitos represaliados polo franquismo e ás súas familias na Compostela dos anos corenta e cincuenta. En 1947 foi encarcerado en Vigo xunto co médico Ramón Baltar Domínguez, acusados de contribuír ao Socorro Rojo Internacional aínda que, en realidade, estaban vinculados á Unión de Intelectuales Libres.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • La Precipitorreacción de Kahn en la lepra, 1931.
  • Estudio del signo de Huddleson para el diagnóstico diferencial entre Brucellas Bang y Melitensis, 1934.
  • Bacterium typhi Flavum: Investigaciones a propósito de la presencia de este gérmen amarillo en la naturaleza y estudio de 76 razas, 1934.
  • La bilis como medio diferencial, 1934.
  • Escollos en el conocimiento de las virasis, virus-proteinas cristalizados y patologia infecciosa, 1958.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O mesmo ano da súa morte, o concello de Pontedeume dedicoulle unha rúa por consideraráselle gran benfeitor, principalmente aos veciños de Pontedeume e a súa Comarca que a el se dirixían, onde encontraban sempre ao Médico e a humano acolledor, segundo consta na Acta Municipal que recolle o acordo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en El Pueblo Gallego, 1-2-1967, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ulpiano_Villanueva&oldid=4975548"