Unión Astronómica Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logotipo da UAI
Logotipo da UAI

A Unión Astronómica Internacional (siglas en inglés: IAU, International Astronomical Union)é o organismo internacional que se encarga de promocionar e coordina-la investigación astronómica a nivel global. Está organizada en 12 divisións científicas, e dentro das 37 comisións máis especializadas, ademais de 90 grupos de traballo. O seu nacemento tivo lugar no 1919. A actual presidente (2019) é Ewine van Dishoeck.[1]

A UAI reúne a máis de 13 500 astrónomos profesionais de máis de 100 países do mundo. A súa misión é promover e salvagardar a astronomía en todos os seus aspectos, incluíndo investigación, comunicación, educación e desenvolvemento, a través da cooperación internacional. A UAI tamén serve como autoridade recoñecida internacionalmente para asignar designacións a corpos celestes e as características de superficie neles.[2]

Os 74 membros da Unión en agosto de 2015
Os 74 membros da Unión en agosto de 2015

Os grupos de traballo son establecidos Polo Comité executivo, As Divisións ou Comisións, para tomar tarefas ben definidas por períodos limitados de tempo. Na actualidade (2019), un dos grupos, a Division B WG UV Astronomy (para o estudo das emisións ultravioleta)[3] está dirixido pola española Ana I. Gomez de Castro ('Chair' do grupo).[4]

Asemade, desenvolve proxectos en conxunto con outras entidades, como o Galileo Teachers Training Program, en colaboración con HOU.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "International Astronomical Union". www.iau.org. Nota 1903. Consultado o 2019-04-18. 
  2. "International Astronomical Union". www.iau.org. Nota 1904. Consultado o 2019-04-18. 
  3. "International Astronomical Union Division B WG UV Astronomy". www.iau.org. Consultado o 2019-04-19. 
  4. "International Astronomical Union". www.iau.org. Consultado o 2019-04-19. 
  5. "HOU - España". www.houspain.com. Consultado o 2019-04-19. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina wb da UAI.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Unión_Astronómica_Internacional&oldid=5124331"