Unionistas de Salamanca Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Unionistas de Salamanca
Nome Unionistas de Salamanca Club de Fútbol
Fundación 2013
Estadio Pistas del Helmántico,
Villares de la Reina, Salamanca, España
Capacidade 3.000
Presidente España Miguel Ángel Sandoval Herrero
Adestrador España Jorge González Rojo 'Astu'
Liga Segunda División B
2017–18 (3ª División)
Páxina web Páxina web
Na casa
Fóra

O Unionistas de Salamanca Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de Salamanca, en Castela e León. Actualmente xoga na Segunda División B Española.

Foi fundado o 26 de agosto de 2013 por varios membros da Platamorma de Aficionados Unionistas e outros seguidores e afeccionados da UD Salamanca como homenaxe a ese equipo, desaparecido o 18 de xuño do mesmo ano. O club é xestionado democraticamente polos seus propios afeccionados, cun voto por cada socio.

Estadio[editar | editar a fonte]

O equipo xoga os seus partidos nas Pistas do Helmántico, propiedade do Concello de Salamanca, con capacidade para 3.000 espectadores. As instalacións atópanse xunto ao Estadio Helmántico, na estrada de Zamora, no termo municipal de Villares de la Reina.

Na tempada 2014/15 xogou os seus partidos no campo municipal Rosa Colorado, coñecido comunmente como "La Sindical". Durante a tempada 2017/18, o Concello de Salamanca anunciou a construción dunha nova instalación municipal no barrio do Zurguén.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en : 2

Historial por tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto Copa
2014/15 1ª Provincial
2015/16 1ª Rexional
2016/17
2017/18
2018/19 2ªB

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Terceira División (1): 2017-18
  • Rexional de Castela e León (1): 2015-16
  • Provincial de Salamanca (1): 2014-15

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Unionistas_de_Salamanca_Club_de_Fútbol&oldid=4768107"