Universidade da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Universidade da Coruña
Universidade da Coruña.png
Logotipo da Universidade da Coruña.
Datos xerais
Localización A Coruña / Oleiros / Ferrol
Datos actuais
Reitor Xulio Abalde
Alumnos 21.136 (Curso 2010-2011)[1]
Datos de contacto
Enderezo Rúa da Maestranza, s/n. 15001 A Coruña Galicia Galicia
Páxina web www.udc.gal

A Universidade da Coruña é unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, xestión e difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da investigación e da docencia. Foi creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en Campus da Coruña (A Maestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Bastiagueiro e Oza) e Campus de Ferrol (Esteiro e Serantes).

A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia e no norte de España como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, Enxeñería Naval e Oceánica ou Socioloxía.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo logotipo coa lenda Hac Luce.

A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989 coa aprobación da Lei 11/1989 do 20 de xullo. O seu claustro constituínte aprobou en 1992 os estatutos e o primeiro programa universitario.[2][3].

Alumnado[editar | editar a fonte]

Desde o seu comezo a Universidade da Coruña mantivo nos seus campus e centros adscritos un número de alumnos superior ou próximo aos vinte mil, chegando ao máximo nos inicios dos anos 2000.[4] Desde a década de 2010 o alumnado foi diminuíndo.[5]. A evolución do alumnado foi a seguinte:[5][6]

Facultades e escolas[editar | editar a fonte]

Centros na Coruña[editar | editar a fonte]

Centros propios[editar | editar a fonte]

Centros adscritos[editar | editar a fonte]

  • Escola Universitaria de Relacións Laborais
  • Escola Universitaria de Enfermaría
  • Escola Universitaria de Turismo

Outros centros[editar | editar a fonte]

  • Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE)

Centros en Ferrol[editar | editar a fonte]

Centros propios[editar | editar a fonte]

Campus de Esteiro[editar | editar a fonte]
  • Escola Politécnica Superior
  • Escola Universitaria de Enfermaría e Podoloxía
  • Escola Universitaria de Deseño Industrial
  • Escola Universitaria Politécnica
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Facultade de Humanidades e Documentación
Campus de Serantes[editar | editar a fonte]

Bibliotecas[editar | editar a fonte]

A rede de bibliotecas da Universidade da Coruña conta con 17 espazos repartidos entre os campus ferrolás e coruñeses e un servizo central no edificio de Xoana Capdevielle en Elviña.[7][8] Ten unha biblioteca dixital e o repositorio da Universidade da Coruña, que foi aberto en 2005 e no hai catalogado obras producidas na universidade e dixitalizados.[9]

Campus de Ferrol[editar | editar a fonte]

  • Biblioteca da Escola Politécnica Superior
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
  • Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín

Campus da Coruña[editar | editar a fonte]

  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
  • Biblioteca da Facultade de Dereito
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía
  • Biblioteca da Facultade de Informática
  • Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación

Administración[editar | editar a fonte]

Reitor[editar | editar a fonte]

O reitor é a máxima autoridade da Universidade da Coruña. Ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.

É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. O seu mandato ten unha duración de catro anos con posibilidade de reelección.

Vicerreitorías[editar | editar a fonte]

Os Vicerreitores coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico, baixo a autoridade do reitor. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes vicerreitorías:

  • Vicerreitoría de Estudiantes, Deportes e Cultura
  • Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas
  • Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
  • Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente
  • Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías
  • Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación
  • Vicerreitoría de Investigación e Transferencia
  • Secretaría Xeral

Normalización lingüística[editar | editar a fonte]

En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade, en que se recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega tal e como establecen os seus estatutos. A través deste plano, a UDC vai pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución: cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa. Entre outras medidas que se recollen no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. No que lle toca ás materias, a UDC quere chegar a que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.

O Plano de normalización veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Avance de la Estadística de Estudiantes Universitarios (Versión revisada). Curso 2010-11
  2. Universidade da Coruña (eds.). "Sobre da UDC". 
  3. Universidade da Coruña. Universia
  4. La Opinión de A Coruña (eds.). "La UDC llega a su primer cuarto de siglo con un 26% menos de alumnos que en 1999". 
  5. 5,05,1 Reitorado. Universidade da Coruña, eds. "Memorias de xestión. (Informes do reitor para o Claustro desde 2014 a 2016)". 
  6. Desde o curso académico 07/08 contáronse os matriculados en graos e titulación non adaptadas ao EEES, en posgraos e en programas de doutoramento.
  7. Universidade da Coruña, eds. (22/05/2008). "Regulamento de organización e funcionamento do servizo de biblioteca da UDC (Aprobado no Consello de Goberno do 22 de maio de 2008)". 
  8. Biblioteca da UDC (eds.). "Información xeral". 
  9. Galicia Confidencial (07/04/2017). "Guía de bibliotecas dixitais en Galicia para as Humanidades". Santiago de Compostela. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Universidade_da_Coruña&oldid=4827491"