Urraca de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Urraca de Portugal
Infanta de Portugal
Raíña consorte de León e Galicia
UrracaPortugal.jpg
Miniatura medieval que representa a Urraca de Portugal.
Tombo de Toxos Outos
Raíña consorte de León e Galicia
1165 - 1171/1172
PredecesorRiquilda de Polonia
SucesorTeresa Fernández de Traba

Nome completoUrraca Henriques
Nacemento1150
Coímbra
Falecemento1211
Valladolid
SepulturaIgrexa de Santa María de Wamba, Valladolid
ConsorteFernando II de León e Galicia
DescendenciaVéxase: Descendencia
Casa realBorgoña de Portugal (por nacemento)
Borgoña de León (por casamento)
ProxenitoresAfonso Henriques
Mafalda de Savoia

Escudo de Urraca de Portugal
Armas da Disnastía de Borgoña de Portugal

Urraca de Portugal, tamén coñecida como Urraca de Borgoña e Urraca Henriques, nada en Coímbra en 1150,[1] e finada en 1211 en Valladolid, [2][3] foi unha infanta de Portugal e raíña consorte de León e Galicia polo seu matrimonio co rei Fernando II de León e Galicia.

Era filla de Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal, e de súa esposa, a raíña Mafalda de Savoia. Foi irmá, entre outros, do rei Sancho I de Portugal.

Foi a nai do rei Afonso IX de León e Galicia e avoa de Fernando o Santo, rei de Castela e León.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Urraca naceu en Coímbra, no ano 1150. Antes do nacemento de Urraca, os reis tiveran un fillo varón, Henrique, que morreu moi novo, con 10 anos de idade.[4]

Na época na que Urraca naceu, a atribución dos nomes dos infantes era feita segundo unha norma. O usual era que se o primoxénito fora un neno recibise o nome do avó paterno, mentres que se era unha nena recibía o da avoa. Cos segundos fillos o criterio era o mesmo, apenas coa diferenza de seren os nomes dos avós maternos.

A pesar diso, a primeira filla de Mafalda e Afonso recibiu o nome da irmá deste último, Urraca Henriques, infanta de Portugal, casada co nobre galego Vermudo Pérez de Traba.

Estatua de Urraca na Porta da Catedral de Tui.

Urraca casou en maio ou xuño de 1165, aos 15 anos de idade, con Fernando II de León e Galicia, de 28 anos, fillo de Afonso VII, rei de Galicia, León, Castela e Toledo, o Emperador, e Berenguela de Barcelona, que era seu primo en segundo grao, xa que os seus pais, Afonso I Henriques e Afonso VII, respetivamente, eran primos carnais e as súas avoas paternas, Teresa de León e Urraca de León, medias irmás.

Este casamento inaugurou os varios enlaces matrimoniais que o reino de Portugal estableceria cos restantes reinos ibéricos, seus veciños.

O matrimonio tivo un único fillo, o infante Afonso, futuro Afonso VII de Galicia e León, nacido en Zamora o 15 de agosto de l171,[5] cuxa lexitimidade foi cuastionada cando o casamento dos pais foi disolvido polo papa Alexandre III en 1175, e os contraentes foron forzados a separarse. Esta anulación debeuse á proximidade de parentesco entre o matrimonio.

Despois de anularse o matrmonio, Urraca fíxose freira, na Orde de San Xoán de Xerusalén, e pasou a vivir nos municipios zamoranos que o seu esposo o rei lle concedeu cando casaran. Retiraríse máis tarde no Mosteiro de Santa Maria, en Wamba, Valladolid, que pertencía a esa orde relixiosa.[6]

O 25 de maio de 1176, Urraca doou varias terras e vilas á dita Orde de San Xoán onde ingresara, probabelmente coincidindo co seu ingreso. Entre elas estaban Castroverde de Campos e Mansilla en León, e Salas e San Andrés (en Samartín del Rei Aurelio en Asturias.[7]

O 22 de xaneiro de 1188, o seu ex-marido Fernando falece, e foi sucedido polo fillo de Urraca, Afonso. Xeralmente os fillos concibidos de unións disolvidas eran considerados ilexítimos e, por tanto, incapacitados para suceder no trono, pero o papa foi condescendente na lexitimidade deste fillo.

Urraca asistiu á coroació do seu fillo Afonso como Afonxo IX de Galicia e León, e o 4 de maio dse ano xa confirmaban xuntos os privilexios concedidos polo defunto rei á Orde de Santiago.[6] Isto podería probar o seu regreso á Corte, despois de anos afastada pola disolucón do seu matrimonio.[8] Urraca aparece por última vez nun documento de 1211, cando doou a vila de Castrotorafe á catedral de Zamora, tamén parte do dote que seu o marido lle dera cando casaran en 1165.[2][3]

Descendencia[editar | editar a fonte]

Capella de Dona Urraca na Igrexa de Santa María de Wamba onde recibiu sepultura.

Froito do seu matrimonio co rei Fernando II de Galicia e León, fillo de Afonso VII o Emperador, naceu un fillo:

Sepultura[editar | editar a fonte]

Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Urraca de Portugal recibiu sepultura no Mosteirio de Santa María de Wamba, que pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén.[6]

No interior da igrexa de Santa María de Wamba, que formou parte dun mosteiro desaparecido na actualidade, encóntrase a chamada "Capela da Raíña" onde se colocou un epitafio, posterior á defunción da raíña, no que se relata que a raíña Urraca de Portugal recibiu sepultura en dita igrexa.[9]

Predecesor:
Riquilda de Polonia
Blason Léon.svg Escudoreinogaliza.svg
Raíña consorte de León e Galicia

1165 - ¿1171/1172?
Sucesor:
Teresa Fernández de Traba

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Roberto I, duque de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
8. Henrique de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Helie de Semur
 
 
 
 
 
 
 
4. Henrique de Borgoña, conde de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Sibila de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Afonso I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Fernando I de León e Castela
 
 
 
 
 
 
 
10. Afonso VI de León e Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Sancha de León
 
 
 
 
 
 
 
5. Teresa de León, condesa de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Ximena Muñoz
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Urraca de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Amedeo II de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
12. Humberto II de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Xoana de Xénova
 
 
 
 
 
 
 
6. Amedeo III de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Cguillerme I, conde de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
13. Xisela de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Estefanía
 
 
 
 
 
 
 
3. Mafalda de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Guigues II de Albon
 
 
 
 
 
 
 
14. Guigues III de Albon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Adelaida de Royans
 
 
 
 
 
 
 
7. Mahaut de Albon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Matilda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mattoso 2014, p. 226.
  2. 2,02,1 Gross 1998, pp. 1226-227.
  3. 3,03,1 Rodrigues Oliveira 2010, p. 79.
  4. Caetano de Sousa 1735, p. 51 e ss, do Livro I, Cap. II.
  5. Arco y Garay 1954, p. 167, capítulo XII.
  6. 6,06,16,2 Arco y Garay 1954, p. 168, capítulo XII.
  7. García Tato & 2004 pp 133-134, doc. 31.
  8. Cassotti 2009, pp. 37.
  9. Elorza et al. 1990, p. 57.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Urraca_de_Portugal&oldid=4970495"