Usuario:Estevoaei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia:Babel
gl Este usuario é galegofalante
(neofalante).


es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
pt-3 Este usuário pode contribuir com um nível avançado de Português.
ca-3 Aquest usuari pot contribuir amb un nivell avançat de català.
Noia 64 apps karm.svg Este usuario leva 11 anos, 8 meses e 23 días na Galipedia.
98768 Este usuario ten arredor de 98768 edicións na Wikipedia en galego.
Wikipedia Administrator.svg Este usuario é un administrador da Galipedia (comprobar).
Wikipedia bureaucrat.svg Este usuario é un burócrata
da Galipedia.
Crystal kviewshell.png Este usuario mellora
artigos co
revisor ortográfico.
A – Á

Commons-emblem-disambig-notice.svg Este usuario mellora as
ligazóns dos artigos co
detector de homónimos.
Wikiproxecto fotos de parroquias Este usuario participa no Wikiproxecto fotos de parroquias.
mulleres Este usuario participa no Wikiproxecto mulleres.


Estevoaei é o meu nome de usuario na Galipedia, onde colaboro de forma activa desde agosto de 2007. Chámome Adrián Estévez, e son de Pontevedra. Vivín tamén en Cangas, San Xurxo de Sacos, Santiago de Compostela e Figueirido.

Fixen o Bacharelato no IES Sánchez Cantón. Estudei un ciclo superior de artes gráficas, fixen a diplomatura de Maxisterio de Primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, e despois rematei o grao en Lingua e literatura galegas na USC. Ao respecto, un dos campos que máis me gusta é a toponimia, e estou a desenvolver a subpáxina Usuario:Estevoaei/topónimos. Dentro da literatura gústame especialmente a narrativa contemporánea, máis concretamente a novela negra. Estou moi orgulloso de traducir ao galego a novela de John Fante A irmandade da uva. Probei a escribir relatos, e publiquei algúns en revistas e fanzines, ás veces baixo pseudónimo. Colaboro en Pontevedra Viva facendo crítica literaria unha vez por semana coa sección "Lecturas desde O Alcouce".

Creo firmemente na autoxestión; milito no anarcosindicalismo e colaboro no Liceo Mutante. Creo que a propiedade intelectual é un roubo. Gústame o deporte, e xogo á billarda e no Pontevedra Fútbol Gaélico. Amais de diversos lugares da península Ibérica, estiven en Mallorca, Monte Carlo, Milán, Venecia, Verona, Florencia, Pisa, Roma, a Cidade do Vaticano, Xibraltar, Sheffield, Cholet, Praga, Copenhaguen, Bérgamo, Liubliana, Zagreb, Saraxevo, Mostar, Dubrovnik, Split, París, Berna, Viena, Londres, Sicilia, Madeira e Turín.

Son un lambón. Gústame o polbo á feira, os pementos de Padrón, o arroz con chícharos, a tortilla de patacas, o leite frito, a sidra, o viño e o kalimotxo.
Adoro bailar. Gústame ir a concertos e sacar fotos, desde Einstürzende Neubauten até Ataque Escampe pasando por Julieta Venegas.

Wiki-actividades[editar | editar a fonte]

Bimenes; xullo de 2017.
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2007-2012).
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2012-).

De vez en cando gústame coller o carro e a cámara e ir tirar unhas fotacas e coñecer o país. Libero as fotos que saco con licenza GNU, e alégrame miralas despois por aí e ver que se lles dá uso, pero mólame que se citen as fontes.

Creo firmemente na filosofía do compañeiro Angeldomcer: "Se hai que facer un artigo novo, faise. Pero redactar por menos de 2000 bytes (de texto) é tontería". Procuro engadir artigos sobre Galiza doutras wikis á lista de artigos iniciados. Pero antes hai moooito que aumentar e wikificar. Tamén estaría ben engadir os artigos máis visitados noutras wikis. Teño un virus no computador que me fai estar 25 horas ao día enganchado á páxina de cambios recentes. Cando estou aburrido, fedello buscando unha páxina aleatoria; por veces, descóbrense artigos moi interesantes!!

A través da Galipedia, coñecín xente moi interesante, xa vía on-line, xa en encontros (Pontevedra, 09/02/2008; Santiago de Compostela, 10/04/2010; Lugo, 23/10/2010; Pontevedra, 20/04/2011; Cidade da Cultura, 17/11/2011; Aranda de Duero, 19/11/2016). Estiven presente en varias Wikimaratóns: o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego (Lugo, novembro de 2015), no Primeiro wikimaratón do audiovisual (Pontevedra, novembro de 2015), Editatón 30x30 Tratados de Paz (Donostia, xullo de 2016), no Wikimaratón Museo da enerxía (Ponferrada, novembro de 2016), no Wiki Takes Manchuela (La Mancha, abril 2017), na Wikimaratón sobre la llingua asturiana, no marco do Wikialcuentru 50.000 artículos n'asturianu (Bimenes, xullo 2017) e na editatón termas romanas (Madrid, novembro de 2017).

Son socio de Wikimedia España desde o ano 2016. Estiven nas V Jornadas de Wikimedia España (Murcia, setembro 2017), e asistín ás xornadas de estratexia 2018-2021 celebradas en Torreandaluz (provincia de Soria) en xaneiro de 2018.

Dei charlas introdutorias á Galipedia na Facultade de Filoloxía da USC, no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (marzo de 2016) e na Facultade de Filoloxía da Coruña (novembro de 2016). Tamén falei noutra Wikimaratón na FFT da Uvigo e mais noutra en Teleco, as dúas en abril de 2016 (vídeo). Canda a Usuario:Ogalego.gal dei unha charla sobre a Galipedia para o Programa de Maiores do Campus de Pontevedra na Casa das Campás en decembro de 2017.

Falei tres veces sobre a Galipedia na Radio Galega: o 11 de agosto de 2009, ao chegarmos aos 50.000 artigos; o 12 de marzo de 2013, no Diario Cultural, polo décimo aniversario; o 2 de outubro de 2017 no Galicia por diante sobre o Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras.

Xunto co Usuario:Beninho redactei o artigo "Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega", que apareceu na revista Madrygal en 2012. Participei nas xornadas A Historia no medio: Unha análise da Historia nos medios de comunicación, que tiveron lugar na Facultade de Historia do Campus de Ourense en maio de 2012, coa charla "A Galipedia como medio para achegarse á historia". Tamén participei no II Congreso Internacional Relex, A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual (programa), celebrado na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela en outubro de 2015, onde falei nunha mesa redonda sobre o traballo colaborativo. Escribín un artigo sobre a presenza do rugby na Galipedia para a revista O salmón oval, e redactei para clase este traballo sobre a escolla de nomes de usuario na Galipedia.

En breve: Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (Compostela, 20/02/2018), Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018 (Compostela, 24/02/2018), Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller (Ourense, 10/03/2018).

Molaría mil: Wiki Takes Cuenca (Cuenca, maio 2018); Wikimedia Hackathon 2018 (Barcelona, maio 2018); Celtic Knot Conference 2018 (Gales, xullo 2018); Wikimania 2018 (Cidade do Cabo, xullo 2018).

Obxectivos e prioridades[editar | editar a fonte]

Pendente[editar | editar a fonte]

Xeografía
Wikidata
Lingua e literatura

Recursos[editar | editar a fonte]

fotos de commons - Categoría:Galicia (es:) usuario:Srnec na wiki:en

Dicionarios, glosarios, corpus[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario:Estevoaei&oldid=4648061"