Uxío Romero Pose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Uxío Romero Pose
Nacemento15 de marzo de 1949
 Zas
Falecemento25 de marzo de 2007
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterPontificia Universidade Gregoriana
Ocupaciónteólogo, catedrático de universidade e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Uxío Romero Pose, nado en Baio, Zas o 15 de marzo de 1949 e falecido en Madrid o 25 de marzo de 2007, foi un crego católico galego, escritor e bispo auxiliar de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira sacerdotal[editar | editar a fonte]

Romero Pose cursou os estudos eclesiásticos no Seminario de Santiago de Compostela desde 1959 ata 1969, e foi ordenado sacerdote católico na igrexa parroquial de Santa María de Baio polo daquela arcebispo de Santiago de Compostela, Ángel Suquía Goicoechea, o 27 de xullo de 1974.

Licenciado en teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma (1972), obtivo o doutoramento en Patrística en 1978 nesa mesma Universidade. Posteriormente, foi director do Instituto Teolóxico Compostelán entre 1981 e 1989, e reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela desde 1991 ata 1997. .

Nese momento, 7 de marzo de 1997 foi ordenado bispo auxiliar de Madrid, sendo arcebispo da capital Rouco Varela e ao mesmo tempo bispo titular da diocese africana de Turuda. Romero Pose encargouse de coordinar as delegacións de catequese, liturxia, pastoral educativa escolar, misións e relacións Interconfesionales. Ademais, foi membro do Consello Episcopal e do Consello Presbiteral, e en 2005, tamén formou parte do Consello de Presidencia da Comisión Central do III Sínodo Diocesano.

Campos de estudo[editar | editar a fonte]

Foi profesor de Patrística na Universidade de Santiago de Compostela e o 25 de novembro de 2005 foi nomeado vice-grande chanceler da Universidade Pontificia de Salamanca. Era un grande especialista no Camiño de Santiago, e tamén en Prisciliano e en Exeria, e escribiu diversos artigos sobre patrística e sobre estas dúas figuras do cristianismo antigo en revistas como Encrucillada, Compostelanum ou A trabe de ouro.

Obra[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das súas obras máis extensas e importantes, ademais de multitude de artigos.

  • El Camino de Santiago, 1989, Ediciones Encuentro, Madrid
  • Cristianismo e priscilianismo, 1990, en "O Pensamento galego na historia: aproximación crítica", (coord. X.L. Barreiro. Santiago de Compostela, Universidade
  • El Espíritu Santo en los orígenes de la Iglesia, 1998, Universidade de Deusto, Bilbao, en colaboración con Santiago Guijarro Oporto e Xabier Pikaza.
  • Raíces Cristianas de Europa. Del camino de Santiago a Benedicto XVI, 2006, Ediciones San Pablo, Madrid, 2006
  • Edición da Demostración de la predicación apostólica de Santo Ireneo de Lyon.
  • Edición do Beato de Liébana (Sancti Beati a Liebana Commentarius in Apocalypsin), Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, Roma, 1985
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Uxío_Romero_Pose&oldid=4734168"