Uxío Torre Enciso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Uxío Torre Enciso
Nacemento 12 de novembro de 1908
  Coruña
Falecemento 17 de abril de 1994 (85 anos)
  Ferrol
Nacionalidade española
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación químico e farmacéutico
editar datos en Wikidata ]

Uxío Torre Enciso, nado na Coruña o 12 de novembro de 1908 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1994, foi un químico, farmacéutico e xeólogo galego, membro numerario da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instituto Eusebio da Guarda, onde traballou Uxío Torre.

Fixo o bacharelato na súa cidade natal e estudou química e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose nas dúas en 1930. Foi discípulo de César Sobrado Maestro, Luís Iglesias Iglesias e Isidro Parga Pondal. Exerceu como profesor axudante na Facultade de Farmacia (1932-1933). En Madrid doutorouse en xeoloxía. Traballou como profesor en institutos de Monforte de Lemos, Tui e o feminino da Coruña. En 1934 solicitou unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas para ir a París e Antuerpen, Bélxica, a estudar Metodoloxía das Ciencias Naturais.[1]

Na Guerra Civil, foi sancionado polas comisións depuradoras do profesorado, coa inhabilitación para cargos directivos e de confianza, o que o obrigou a abandonar a dirección que acadara do centro de Monforte. Pasou por un instituto de Palma de Mallorca. En 1941 gañou unha cátedra que exerceu no Instituto Eusebio da Guarda ata a xubilación.[1]

Ingresou na RAG o 24 de outubro de 1970 a proposta de Parga Pondal, Antón Fraguas e Luís Iglesias Iglesias, pronunciando o discurso "Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia",[sic] respondido por Parga Pondal.[2] Foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Real Sociedad Geográfica, membro fundador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e membro fundador da Real Academia Galega de Ciencias en 1977.[3][4][5]

Descubriu o papel da erosión fluvial e os restos fósiles da era cuaternaria en Galicia[3][4][5] e achegou interesantes estudos sobre as rías de Galicia.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Enfermedades de las plantas producidas por virus. A Coruña: [s.n.], 1950.
  • "Sobre una relación entre los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológico-tectónica", Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, n. 31, 1953, pp. 33–34.
  • "Contribución al conocimiento morfológico y tectónico de la Ría de La Coruña". Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, t. 52, 1954, pp. 21–51.
  • "Estado actual del conocimiento de las rías gallegas", en Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Galaxia, 1958, pp. 237–250.[6]
  • "Hacia una explotación racional de nuestra rigueza minera. El cálculo de las reservas minerales", Revista de Economía de Galicia, ano II, n.º 7-8, xaneiro-abril 1959, pp. 18–20.
  • Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia / discurso lido por Uxío Torre Enciso e resposta do Dr. Isidro Parga Pondal. Real Academia Galega, 1970.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Cipriano Torre Enciso

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Uxío_Torre_Enciso&oldid=4662729"