Vía Lemovicensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rutas do Camiño de Santiago francés.

A vía Lemovicensis (ou vía do Limousine ou vía de Vézelay) é o nome latino dun dos catro camiños franceses da peregrinación a Santiago de Compostela. A vía pasa por Limoges, de aí o seu nome, mais o verdadeiro lugar de xuntanza e partida é a abadía de La Madeleine en Vézelay. Atravesa o país de etapa en etapa até a localidade de Ostabat, onde se funde coa vía turonensis. O camiño pasa na súa primeira sección por Bourges e Châteauroux. Existe, porén, unha variante máis ao sur por Nevers.

Historia[editar | editar a fonte]

Limoges: Ponte de St.Etienne sobre do Vienne, que atravesaban os peregrinos.

Vindos de Bélxica, das Ardenas, de Lorena ou de Champaña, os peregrinos de Santiago de Compostela, tamén chamados jacquets en francés, da vía lemovicensis axuntábanse en Borgoña, arredor dos esplendores románicos de La Madeleine de Vézelay.

Os reunidos en Saint-Père ou en Asquins, escollían entre dous itinerarios : ou ben por La Charité-sur-Loire, Bourges e Châteauroux, ou ben por Nevers, Saint-Pierre-le-Moûtier e Neuvy-Saint-Sépulchre.

Por Nevers, a vía lemovicensis entraba no país de Limousin, de onde procede o nome, para visitar o célebre santuario de Saint Léonard, caro a Aimery Picaud.

Logo do Périgueux, unha vez franqueada Dordoña e Garonne, a travesía, tan temida, das Landes (As Landas) tornábase relativamente breve polo camiño, que acababa por unirse coa vía turonensis e a vía podiensis na encrucillada de Gibraltar, preto de Ostabat.

Os camiños de Santiago[editar | editar a fonte]

Consonte o capítulo I do Códice Calixtino de Aimery Picaud, catro rutas levaban a Santiago de Compostela :

  • a vía turonensis, que saía de Tours.
  • a vía lemovicensis, que partía de Vézelay.
  • a vía podiensis, que comezaba en Puy-en-Velay.
  • a vía tolosana, que arrincaba de Arles.

As tres primeiras axuntábanse en Ostabat, logo cruzaban os Pireneos polo porto de Roncesvales. En Puente la Reina, xa en territorio hispano, uníaselles a cuarta vía, que franqueaba os Pireneos polo porto de Somport. Desde alí, un camiño principal, o máis frecuentado, conducía até Santiago, o Camiño francés.

En Francia[editar | editar a fonte]

  • Via Domitia – Camiño de Compostela.
  • Camiño do Piamonte.
  • Vía de Soulac Litoral Aquitano.

Na Península Ibérica[editar | editar a fonte]

O camiño actual[editar | editar a fonte]

O itinerario histórico da Vía lemovicensis está actualizado pola Association des Amis de Saint-Jacques de la Voie de Vézelay que se axunta coa Vía podiensis en Ostabat. Existe tamén unha variante máis sinuosa, dita Grande Randonnée 654 (GR 654) que, con arredor de 1.750 km, parte desde Namur en Bélxica e se une con a GR 65 (Vía podiensis) en Montréal-du-Gers.

De Vézelay à Ostabat (Cruz de Gibraltar)

Yonne[editar | editar a fonte]

Abadía de Vézelay, punto de partida.
  • Vézelay e a súa abadía de La Madeleine, punto de saída da Vía Lemovicensis.
  • Chamoux .
  • La Maison-Dieu.

Nièvre[editar | editar a fonte]

  • Asnois.
  • Tannay.
  • Cervenon.
  • Cuncy-lès-Varzy.
  • Varzy, coa igrexa de Saint-Pierre.
  • Champlemy.
  • Châteauneuf-Val-de-Bargis.
  • Arbourse.
  • Murlin.
  • Raveau.
  • La Charité-sur-Loire, filla maior de Cluny, coa igrexa oratorio de Sainte-Croix-Notre-Dame de la Charité-sur-Loire.

Cher[editar | editar a fonte]

Catedral de Saint-Étienne de Bourges.
  • La Chapelle-Montlinard.
  • Saint-Martin-des-Champs.
  • Sancergues.
  • Charentonnay.
  • Couy.
  • Gron.
  • Brécy.
  • Sainte-Solange.
  • Bourges, coa catedral de Saint-Étienne e o Hôtel de Jacques Cœur.
  • La Chapelle-Saint-Ursin.
  • Morthomiers.
  • Villeneuve-sur-Cher.
  • Chârost.

Indre[editar | editar a fonte]

  • Issoudun, e a colexiata de Saint-Cyr.
  • Déols, coa abadía cluniacense de Notre-Dame de Déols.
  • Châteauroux, coa igrexa dos Cordeliers (franciscanos) e máis a de Saint-Martial.
  • Velles.
  • Argenton-sur-Creuse, coa Capela de Notre-Dame-des-Bancs .
  • Gargilesse-Dampierre, e a igrexa de Notre-Dame.
  • Cuzion.
  • Éguzon-Chantôme, coa igrexa de Argentière.

Creuse[editar | editar a fonte]

  • Crozant e o seu château (castelo-pazo).
  • La Chapelle-Baloue.
  • Lourioux (no concello de Saint-Germain-Beaupré).
  • La Maisonbraud (no concello de Saint-Germain-Beaupré).
  • Saint-Germain-Beaupré.
  • Saint-Agnant-de-Versillat.
  • Les Chassagnes (Concello de Saint-Agnant-de-Versillat).
  • Bousseresse (Concello de La Souterraine).
  • La Souterraine.
  • Saint-Priest-la-Feuille.
  • La Rebeyrolle (Concello de Saint-Priest-la-Feuille).
  • Le Grand Neyrat (ou Le Grand Nérat, comuna de Chamborand).
  • Bénévent-l'Abbaye.
  • Marsac.
  • Les Rorgues (commune de Marsac).
  • Arrènes.
  • Saint-Goussaud.
  • Redondessagne (Concello de Saint-Goussaud).
  • Millemilange (Concello de Saint-Goussaud).

Haute-Vienne[editar | editar a fonte]

Colexiata de Saint-Léonard de Noblat.
  • La Besse.
  • Les Billanges.
  • Saint-Laurent-les-Églises.
  • Le Châtenet-en-Dognon.
  • Lajoumard.
  • Saint-Léonard-de-Noblat, coa collégiale Saint-Léonard.
  • La Chapelle.
  • Feytiat.
  • Limoges, cidade que deu o seu nome a esta vía: catedral de Saint-Étienne.
  • Aixe-sur-Vienne.
  • Saint-Martin-le-Vieux.
  • Flavignac, a ver a igrexa e o seu tesouro.
  • Les Cars.
  • Châlus e máis o château.

Dordogne[editar | editar a fonte]

Catedral de Saint-Front de Périgueux.
  • La Coquille, que debe o seu nome a un emblema dos peregrinos, a coquille, é dicir a cuncha, aludindo á de vieira.
  • Chaleix.
  • Thiviers, coa igrexa de Notre-Dame.
  • Saint-Jean-de-Côle: igrexa de Saint-Jean-Baptiste.
  • Brantôme, coa abadía.
  • Sorges: igrexa de Saint Germain.
  • Cornille.
  • Périgueux, coa famosa catedral de Saint-Front.
  • Chancelade: a ver a abadía.
  • Le Buisson-de-Cadouin: antiga abadía de Cadouin e o sudario.
  • Campsegret.
  • Lembras: igrexa de Saint-Jean Baptiste.
  • Bergerac: igrexa de Saint-Jacques (Santiago).
  • Saint-Laurent-des-Vignes: igrexa de Saint Martin.
  • Sigoulès, igrexa dedicada a Saint-Jacques ou Santiago.
  • Eymet, coa bastida ou fortificación baixo-medieval.

Lot-et-Garonne[editar | editar a fonte]

  • La Sauvetat-du-Dropt.
  • Duras: château do duques.

Gironda[editar | editar a fonte]

  • Sainte-Foy-la-Grande.
  • Pellegrue.
  • Saint-Ferme.
  • Monségur, bastida do século XIII.
  • Roquebrune.
  • Saint-Hilaire-de-la-Noaille.
  • La Réole, igrexa de Saint-Pierre.
  • Floudès.
  • Puybarban.
  • Pondaurat.
  • Savignac.
  • Auros.
  • Bazas: catedral gótica de Saint-Jean-Baptiste.
  • Cudos.
  • Bernos-Beaulac.
  • Captieux.

Landes[editar | editar a fonte]

Itinerario sinalado nas Landes.
Abadía de Saint-Sever.
Peregrinos preto de Bougue.
  • Retjons: capela de Lugaut con frescos do século XI; fito dos 1.000 km para Santiago.
  • Roquefort: campanario fortificado da igrexa, ten por orixe unha torre grande (donjon) dun castelo do século X.
  • Bostens, coa igrexa de Sancta Maria de Balesteno do século XI.
  • Gaillères.
  • Bougue.
  • Mont-de-Marsan: oratorio de La Madeleine.
  • Saint Pierre-du-Mont: oratorio.
  • Benquet: coa igrexa de St. Christau, do século XI.
  • Saint-Sever, coa igrexa abacial (UNESCO), o convento dos Jacobins (dominicos) e o seu célebre Beato da Apocalipse.
  • Audignon: salientábel igrexa románica de Sainte Marie.
  • Horsarrieu.
  • Hagetmau: cripta de Saint-Girons, xoia da arte románica.
  • Labastide-Chalosse.
  • Argelos.
  • Beyries.

Variante entre Bazas e Mont-de-Marsan[editar | editar a fonte]

  • Bazas.
  • Lencouacq: restos da Encomenda dos Hospitalarios de San Xoán (século XIII).
  • Cachen.
  • Maillères.
  • Canenx-et-Réaut.
  • Lucbardez-et-Bargues.
  • Saint Avit.
  • Mont-de-Marsan, desde aquí séguese até Beyries.

Pireneos Atlánticos[editar | editar a fonte]

  • Sault-de-Navailles.
  • Sallespisse.
  • Orthez: ponte medieval sobre a Gave de Pau, antiga encrucillada das vías principais (na rúa Saint-Gilles ao leste do antigo hospital de Saint-Gilles-du-Gard); igrexa de Saint-Pierre; o hospital medieval de La Lune (hoxe hospedaría xacobea); o antigo hospital de Saint-Loup e Nosta-Dauna de Cap-de-Pont, estes xa desaparecidos, e que estaban dedicados aos peregrinos.
  • L'Hôpital-d'Orion.
  • Sauveterre-de-Béarn, coa igrexa de Saint-André e a súa ponte lendaria.
  • Ostabat, en Ostabat a Via Lemovicensis (Vézelay, Limoges) encóntrase coas Vías Podiensis (Le Puy) e Turonensis (Paris, Tours) xusto na Encrucillada de Gibraltar (que non ten nada que ver co Jebel al-Tariq ou Xibraltar). Os tres camiños fúndense nun que conserva o nome de Turonensis. A Via Lemovicensis de certo acaba aquí; o camiño común continúa como segue:
  • Arros.
  • Saint Jean-le-Vieux.
  • Saint-Jean-Pied-de-Port, e logo atravesa a fronteira hispana de Navarra no porto de Cize ou porto de Roncesvales, na altura do porto de Ibañeta.

A partir de aí, o camiño continúa en España so o nome de Camiño navarro até Puente la Reina. Nesta etapa a cuarta vía francesa, a Tolosana (Arles, Toulouse), que entra na península polo porto de Somport, axúntase, e formado o Camiño francés segue até Santiago.

Variante de Vézelay por Nevers[editar | editar a fonte]

Yonne[editar | editar a fonte]

  • Vézelay.
  • Pierre-Perthuis, na Cure, podían os romeiros escoitar misa na antiga capela do château do burgo ou recinto fortificado.

Nièvre[editar | editar a fonte]

  • Bazoches: capela de Saint Roch (S. Roque).
  • Lormes.
  • Corbigny: abadía bieita de Saint-Léonard.
  • Saint-Révérien: igrexa de Saint Revérien.
  • Prémery.
  • Nevers, coa catedral de Saint-Cyr-et-Sainte-Julitte; igrexa de Saint-Étienne; convento de Saint-Gildard e máis o Pazo ducal (Palais ducal).
  • Saint-Pierre-le-Moûtier: igrexa oratorio.

Allier[editar | editar a fonte]

  • Lurcy-Lévis.

Cher[editar | editar a fonte]

  • Charenton-du-Cher.
  • Saint-Amand-Montrond, igrexa de Saint-Amand.
  • Bruère-Allichamps, oratorio e abadía de Noirlac (de 1136).
  • Meillant: castelo.
  • Le Châtelet: igrexa abacial de Puyferrand.
  • Châteaumeillant: igrexa beneditina de Saint Genès.

Indre[editar | editar a fonte]

  • La Châtre.
  • Nohant-Vic: casa de George Sand; frescos románicos da igrexa de Vic.
  • Varennes-sur-Fouzon, coa abadía.
  • Neuvy-Saint-Sépulchre: igrexa do Saint-Sépulcre.
  • Cluis coa igrexa de Saint Etienne-Saint Paxent.
  • logo retómase o camiño principal en Éguzon-Chantôme.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vía_Lemovicensis&oldid=4320799"