Víctor Álvarez del Caño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Álvarez del Caño
VictorAlvarezDelCaño.jpg
Víctor A. del Caño en 1992
Nacemento27 de maio de 1968
 Castrelo de Miño
Falecemento13 de febreiro de 1993
 Silleda
SoterradoCemiterio de Sta. María de Castrelo de Miño
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Salamanca
Ocupaciónpoeta
IrmánsCésar del Caño
Período1987 a 1993
XénerosPoesía
EstudosHistoria, Arqueoloxía e Antropoloxía
Sitio web do autor
editar datos en Wikidata ]

Víctor Álvarez del Caño, Víctor A. del Caño, ou Víctor del Caño, nado en Castrelo de Miño o 27 de maio de 1968 e finado en Silleda o 13 de febreiro de 1993, foi un poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha mestra de educación primaria e dun labrego, a súa infancia transcorre en Castrelo de Miño, onde está situado o fogar familiar. Trala súa orfandade, ós oito anos, múdase ó concello de Cartelle (Provincia de Ourense), lugar no que ha residir ata a maioría de idade. Cursa o bacharelato no Seminario de Ourense e posteriormente estudos de Historia, Arqueoloxía e Antropoloxía nas universidades de Compostela e Salamanca, formación que se verá truncada por causa da súa morte prematura ós vinte e catro anos.

A súa actividade literaria abrangue un período aproximado de seis anos, comprendido entre 1987 e 1993. En xullo de 2018 publícase, a título póstumo, o poemario "A pel do silencio", en edición limitada numerada, que contén sesenta e cinco dos seus poemas. A produción poética de Víctor Álvarez del Caño engloba obras escritas tanto en galego como en castelán, non en van á súa xenealoxía por rama paterna, de devanceiros enraizados na comarca do Ribeiro, cómpre sumar o sangue castelá aportado pola do seu bisavó materno.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • "Chove miudiño" e "Escoita", poemas en Esa manía túa de vivir en presente, 1994.[2]
  • A pel do silencio, 2018. Poemario póstumo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Álvarez del Caño, Víctor (2018). A pel do silencio. Barcelona: BuleBule Produccions. ISBN 978-84-09-03332-4. 
  2. VV. AA. (1994). Esa manía túa de vivir en presente. Barcelona: ERGAC/Ordax Grup S.L. p. 128. DL B-43361-1994. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Recordando a Víctor Álvarez del Caño". La Región (Suplem. Vida). 22/7/2018. p. 24. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Víctor_Álvarez_del_Caño&oldid=4936833"