VI dinastía exipcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A sexta dinastía de Exipto transcorre de c. 2324-2160 a. C. e é considerada pola maioría dos exiptólogos como a derradeira etapa do Imperio Antigo de Exipto.

Keti. Louvre.

Historia[editar | editar a fonte]

Manetón escribe que estes reis gobernaron dende Menfis, Mennefer en lingua exipcia, nome tomado da pirámide de Unis que foi construída próxima; os arqueólogos concordan con Manetón.

Esta dinastía fundouna Teti, casado con Iput, posiblemente filla do rei Unis da dinastía V. Outros membros notables desta dinastía foron Pepi II, ó que se lle asigna un reinado de 94 anos, o máis longo na historia de Exipto; e a raíña Neithikert, tamén coñecida como Nitocris polos escritores gregos, de quen algúns eruditos din que non só foi a primeira raíña acreditada do antigo Exipto, senón a primeira muller gobernante do mundo.

Durante esta dinastía, organizáronse expedicións ás minas de turquesa en Uadi Maghara no Sinaí, así como ás de Uadi Hammamat e Hatnub. Dyedkara-Isesi enviou expedicións comerciais ao sur, até Punt, e ó norte até Biblos; Pepi I organizará campañas, non soamente a estes lugares, tamén chegarán até Ebla, ó norte de Siria.

Desta época dátase un gravado de Asuán, coa imaxe dun dromedario e o seu xinete, desmentindo que a chegada deste animal ó deserto do Sahara, procedente de Oriente, fose en época cristiá[1]

O coñecemento da historia deste período amplíase máis que cos reis anteriores, polas numerosas inscricións biográficas atopadas nas tumbas dos nobres. Así ouvimos falar dunha conspiración fracasada contra Pepi I. Tamén podemos ler unha carta escrita polo novo rei Pepi II, excitado porque unha das súas expedicións volvía cun anano danzante da terra do Yam, localizada ao sur de Nubia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Schweinfurth Zeitschrift für Ethnologie 1912, 633. Cf. Moret, 1956, 162)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=VI_dinastía_exipcia&oldid=4815652"