Valencia de Alcántara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Valencia de Alcántara
Vista de Valencia de Alcántara.jpg
Localización
Situación de Valencia de Alcántara na provincia
País España España
Comunidade Autónoma Estremadura Estremadura
Provincia Cáceres
Comarca Valencia de Alcántara
Xeografía
Altitude 620 msnm
Superficie 594,83 km²
Demografía
Poboación 6.188 hab. (INE 2010)
Densidade 10,4 hab./km²
Xentilicio Valentinos, Valencianos
Outros datos
Código postal 10500
Alcalde Pablo Carrilho Reyes (PP)
www.valenciadealcantara.net

Valencia de Alcántara é un concello estremeño da provincia de Cáceres, que comprende a vila do mesmo nome e varias pedanías como Alcorneo. Posúe o título de "Moi nobre, antiga e leal Vila". Con máis de 6.000 habitantes, é o undécimo municipio máis grande da provincia e o máis grande da comarca de Valencia de Alcántara. É capital do partido xudicial do mesmo nome.

Limita con Portugal e a provincia de Badaxoz. A súa proximidade á fronteira lusa deu a Valencia de Alcántara unha grande importancia histórica na Idade Moderna. Entre 1644 e 1668 Valencia de Alcántara pertenceu ao Reino de Portugal, e entre o século XVII e o século XVIII construíronse os monumentos máis importantes da localidade, aínda que o municipio é máis coñecido polos seus dolmens prehistóricos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Fonte: INE

Localidades[editar | editar a fonte]

  • Alcorneo
  • El Pino
  • Estación de Ferrocarril
  • Jola
  • La Aceña de la Borrega
  • La Fontañera
  • Las Casiñas
  • Las Huertas de Cansa
  • Las Lanchuelas
  • San Pedro de los Majarretes
  • Valencia de Alcántara

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Valencia_de_Alcántara&oldid=4752512"