Hipólita Muíño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Valentina Lago Valladares")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hipólita Muíño
Hipólita Muíño Lago 1916.jpg
 Ferrol
Falecementomaio de 1917
 Valladolid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e escritora
editar datos en Wikidata ]

Hipólita Muíño Lago, coñecida co pseudónimo de Valentina Lago-Valladares, nada en Ferrol e finada en Valladolid en maio de 1917[1], foi unha escritora galega en galego e castelán .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira de Maxisterio e foi profesora de ensino primario en Ferrol. Seguidora de Concepción Arenal. Colaborou en Almanaque de Ferrol, Revista Gallega, El Correo Gallego, e dun xeito máis esporádico no madrileño El Correo de la Moda, El Regional, El Faro de Ferrol, Suevia, Almanaque Gallego, El Eco de Galicia e Vida Gallega. Publicou diversos contos na prensa entre 1896 e 1920 e foi membro correspondente da Real Academia Galega, entre as súas narracións máis coñecidas salientan A lus da morte (1896) e Contos da Terriña (1906). Dende 1914 viviu en Valladolid co seu fillo Federico, catedrático da Normal desta cidade, onde finou.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Gerardo Landrove Timiraos, maquinista maior da Armada, e foi nai de Gerardo e Federico Landrove Muíño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Regional, 14-5-1917, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hipólita_Muíño&oldid=5018636"